domingo, 6 de marzo de 2022

Cartas de amor.

 Lembrades que os nenos e nenas de 2º escribiron cartas aos sues pais e nais dicíndolles o moito que lles queren? Pois xa chegaron todas as respostas! Foi moi emocionante ver as súas reaccións ao ler canto os aman as súas familias e ao poder compartilo cos compañeiros e compañeiras de clase. Puxéronse moi alegres pero, ao mesmo tempo, tamén deixaban asomar algunha bágoa. Foi moi fermoso!

Ademais, leron dous libros que, en realidade, son unha gran carta de amor que Ariel Andrés e Sonja Winner escriben ao seu fillo e á súa filla.

Foi toda unha experiencia observar como os nenos e nenas agradecían aos seu papás e mamás todo o seu amor e todo o que o acompaña. Moitas grazas tamén pola nosa banda! Este só é un exemplo máis da gran cantidade de actividades que non poderiamos realizar sen a colaboración das familias. De novo: grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario