mércores, 17 de xuño de 2020

Vídeo Aimee

Bo día.

Hoxe queremos presentar un último agasallo que nos mandou Aimee. Trátase dun vídeo no que fai un resumo de todo o ano e todo o que traballamos e aprendemos con ela. Esperamos que vos guste tanto como a nós.

 Un saúdo moi forte.

martes, 16 de xuño de 2020

Nepal

Bo día.

Hoxe imos presentar o derradeiro vídeo que mandamos a Nepal, debido a situación non puidemos compartilo antes. Nesta ocasión tócalle ao alumnado de Ed. Infantil presentar as diferentes comidas das que disfrutamos en Guláns.

Esperamos que vos guste moito. Un saúdo.


mércores, 10 de xuño de 2020

GRADUACIÓN DE 6º. PROMOCIÓN 2011-2020

Aínda que non era como no lo imaxináramos, o vindeiro xoves toca porse de gala para celebrar o fin da etapa de primaria.

Todas as familias estades invitadas


19 de xuño, Festival Virtual!

Este ano, ímola montar ben gorda para gañarlle a batalla ao Coronavirus.

Envía o teu vídeo ao móbil do cole até o día 15 de xuño e participa no Festival Virtual! 

Participa!






martes, 2 de xuño de 2020

Festival


Este ano, a pesar de todo, teremos festival de fin de curso. Será un festival virtual, pero será divertido de todos os xeitos. Convidámosvos a  tod@ s (si, familias tamén) a compartir connosco o voso enorme talento. Non importa se queredes cantar, bailar, facer maxia ou un reto deportivo...Tampouco importa  se queredes facer unha actuación individual ou con amigos e amigas... Prometemos elaborar un vídeo cos vosos mellores momentos e telo listo para o 19 de xuño. 
Podedes enviar os vosos vídeos polas canles habituais cos vosos mestres e mestras. Iso si, facédeo antes do día 15 de xuño para que podamos editalos.
 Esperamos as vosas actuacións con moitísima ilusión. Animádevos!