sábado, 30 de xaneiro de 2021

 O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria interpretou, no Día da Paz, a canción "Heroes" de Mariah Carey, con lingua de signos. A pesar de que un se sinta desanimado ou deprimido, en realidade todos somos "heroes" no noso interior se somos conscientes da nosa forza. Isto axudaranos a "atopar o camiño".

venres, 29 de xaneiro de 2021

No Día da Paz, o alumnado de Educación Infantil traballa a empatía, na sesión de Alternativa, co corto "A caixa": Que medo! 

Tes un medo que che pon o cabelo de punta e déixache sen respiración? Deses que morden, queiman, asustan e aterrorizan...Sabes que podes darlle forma? Facer que che de medo ou moita risa? Sorprenderache saber que podes convertilo ata nunha salchicha...Que medo! é un conto para ter medo e de seguido, rirse do mesmo. É un conto para virar a tortilla e atopar a graza a moitas das cousas que asustan aos máis pequenos e pequenas.


 O alumnado de 2º de Primaria representou, para o Día da Paz, un teatro baseado nun corto que foi difundido en Thailandia, "A violinista xorda". Trata dunha historia moi edificante de superación persoal, pero tamén de amor á música e, sobre todo, de amizade delicada entre un ancián comprensivo e unha nena soñadora.

Ao inicio, vemos a unha nena que contempla a un violinista vagabundo. O relato céntrase no son: os primeiros acordes do Canon de Pachelbel, en ton baixo e apagado; os ruídos da rúa; a voz que berra da súa irmá que destrúe todos os seus soños... Entón descubrimos que a nena é xorda, e que abatida pola crueza do entorno, deixou o máis fermoso de todos os seus soños: aprender a tocar o violín. O vello vagabundo, que é moi sabio, é quen acende nela a chama da ilusión. "Xa non tocas o violín?", pregúntalle por xestos; e ela baixa a cabeza avergoñada. Máis tarde desafoga a súa pena con el: "Por que son diferente aos demais!?". E el responde: "Por que tes que ser ti como os demais?".

No silencio da conversación sen palabras, o vello confía o seu paradoxal secreto: "A música...é algo visible. Pecha os ollos, e poderás ver". Comeza entón o canon de Pachelbel, agora con máis alegría e vitalidade". É o que el tocaba, o que ela aprendeu antano do vagabundo. E vemos como medra o seu espírito, e a música, o seu afán de aprender. Vemos a súa mellora, o seu crecemento, a súa loita...

Esta historia dunha xorda que aprende a tocar o violín -contra todo prognóstico, contra a lóxica dos sentidos- é unha ensinanza vital. Fálanos de abrir o noso corazón á esperanza, de crer que os soños son posibles, e de loitar por conseguilos con todas as nosas forzas. O amor move montañas.

 Hoxe celebramos o Día da Paz, data moi importante porque a escola debe ser o lugar onde todos e todas crezan en total igualdade de trato e co compromiso do respecto e o entendemento. Todo o alumnado participou expresando cunha palabra un sentimento de paz.

sábado, 2 de xaneiro de 2021

 Recomendacións lectoras de novo ano:

 Desde a Biblioteca recomendamos a lectura deste novo libro “Bambán de vento”, de Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro, un libro adicado a Ponteareas! Bambán de vento é un convite a viaxar polo entorno desde o apego á paisaxe e cultura propias. Debullando lembranzas, vivencias e soños, a nena anímanos a partillar os tesouros agochados na nube da memoria e liberalos do baúl do esquecemento.


Queremos que cantedes con nós "Te desexo vida" unha musica da cantante e compositora brasileña Flávia Wenceslau, do álbum Saia de Retalhos. Unha música linda e inspiradora, que nos abraza e nos fai viaxar. O que debemos desexar para un Feliz 2021!

TE DESEJO VIDA - FLAVIA WENCESLAU
Eu te desejo vida, longa vida
Te desejo a sorte de tudo que é bom
De toda alegria, ter a companhia
Colorindo a estrada em seu mais belo tom. 

Eu te desejo a chuva na varanda
Molhando a roseira pra desabrochar
E dias de sol pra fazer os teus planos
Nas coisas mais simples que se imaginar. 

E dias de sol pra fazer os teus planos
Nas coisas mais simples que se imaginar. 

Eu te desejo a paz de uma andorinha
No voo perfeito, contemplando o mar
E que a fé movedora de qualquer montanha
Te renove sempre, te faça sonhar. 

Mas se vier as horas de melancolia
Que a lua tão meiga venha te afagar
E que a mais doce estrela seja tua guia
Como mãe singela a te orientar. 

Eu te desejo mais que mil amigos
A poesia que todo poeta esperou
Coração de menino cheio de esperança
Voz de pai amigo e olhar de avô. 

Eu te desejo muito mais que mil amigos
A poesia que todo poeta esperou
Coração de menino cheio de esperança
Voz de pai amigo e olhar de avô.