venres, 27 de abril de 2018

luns, 16 de abril de 2018

CIENCIA OU ARTE?

Na semana da ciencia, os nenos e nenas de 2º estivemos facendo na nosa clase algúns experimentos científicos.
Coa axuda da mestra e dun compañeiro axudante, cada un de nós preparou o seu propio experimento para presentalo ao resto da clase.
Algúns foron tan fermosos que parecía máis unha obra de arte que un experimento.
Aquí vos deixamos os vídeos para que os vexades e para que poidades facer algún dos experimentos nas vosas casas se queredes.
Pero recordade que é mellor facelo sempre coa axuda dun adulto.

mércores, 4 de abril de 2018

Semana da poesía

Unha chea de poesías voan sobre as nosas cabezas na biblioteca. Que é poesía? poesía é máis que palabras, oracións e rimas. Poesía é falar co corazón na man, poesía é expresar os sentimentos ao máximo, facer que a corrente de sentimentos se apodere do teu corazón