xoves, 28 de febreiro de 2019

Mandadiño xoves


E hoxe o noso cole encheuse de leóns,
Leo león quedou abraiado!
Moitísimas grazas fermosos leóns!











 











 
















E mañá...comeza O ENTROIDO!!

Vinde con ganas de pasalo xenial!!

martes, 26 de febreiro de 2019

Mandadiño martes

E aquí temos as fotos do martes, 
que guapos estamos todos, 
 Leo León está tan contento 
 grazas amigos!



luns, 25 de febreiro de 2019

Mandadiño luns

E aquí temos as fotos do mandadiño de hoxe
Que orellas máis orixinais!







 




E mañá, martes...





domingo, 24 de febreiro de 2019

O mandadiño do luns

 
 

Día de Rosalía

 
O 24 de febrero conmemoramos o día de Rosalía. Vimos una pequeña película feita polo alumnado do CEIP Ría de Burgo de Culleredo, no que  contaban como foi a vida de Rosalía de Castro. Logo, por grupos fixemos unas fotos moi simpáticas con textos dela




luns, 18 de febreiro de 2019

14 de febreiro: día do amor e da amizade

Este curso tivemos a sorte de contar coa colaboración e a iniciativa de dúas alumnas que ademáis son axudantes de biblioteca, para deseñar unha actividade para este día. Todo comezou cunha carta redactada por elas e dirixida aos nenos do cole. A resposta non se fixo esperar. A Caixa de correos de Leo León encheuse de amor e amizade. E por último os axudantes da biblioteca encargáronse de repartir todas estas mensaxes de amor e amizade por todo o cole.

domingo, 17 de febreiro de 2019

Máis do día da Paz

Durante unha semana a biblioteca tivo un taller titulado "Mans e pombas para a Paz". O día da Paz fixemos unha árbore enorme coas mans de todos os nenos do cole simbolizando a unión entre todos nós. Tamén colgamos por toda a biblioteca pombas da Paz con mensaxes e palabras relacionadas coa Paz. Ao longo da semana anterior tamén buscamos cualificativos para catro nenos/as do colexio que nos tocaron en sorteo. O dia da Paz buscámoslles e pegámoslles eses cualificativos. Foi unha actividade moi bonita. E por último, formamos equipos mesturando todos os grupos desde infantil ata sexto e organizamos uns xogos moi moi divertidos. Foi un día moi especial.