sábado, 16 de xuño de 2018

"Os nosos avós, a nosa historia"

Un fermoso proxecto levado a cabo polo alumnado de 2º e 4º de E.P. en colaboración coas familias. Lección de vida e emotiva viaxe ao pasado de Guláns.

xoves, 14 de xuño de 2018

O NOSO XORNAL ESCOLAR

Xa está aquí o xornal escolar do curso 2017/2018!!!  Foi elaborado grazas ao traballo do equipo de reporteiros e redactores formado polo alumnado de 6º de E.P. A verdade é que son uns grandes profesionais. Para eles, resultou toda unha experiencia participar na iniciativa educativa do FARO DE VIGO.
Botádelle unha ollada e enterádevos do que sucedeu no noso cole este curso!!! ;)

luns, 4 de xuño de 2018

GUADI GALEGO

Na porta da nosa aula, dende o día da muller, temos unha placa co nome de Guadi Galego, así que os nenos e nenas de 2º ímosvos contar quen é Guadi Galego.
Esperamos que vos guste o vídeo.

GUADI GALEGO from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

Maruja Mallo

Este é o traballo que fixeron os nenos de cuarto sobre a pintora Maruja Mallo. Traballaron por equipos e implicáronse moito. Gustoulles moito ir descubríndo as diferentes facetas desta gran artista
4º: Maruja Mallo from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

Curtas creativas

Os nenos de cuarto fixeron unas curtas empregando as tablets e diferentes aplicación. Eles traballando por equipos escribíronas seleccionaron as iconas, gravaron as voces e aquí tedes o resultado

CURTAS from Radio Televisión Leo León on Vimeo.