domingo, 24 de marzo de 2024

Día mundial da poesía

Os nenos e nenas de 2º de primaria recitaron un precioso poema de Eduard Velasco, ademais de realizar unhas fermosas ilusr¡tracións de dito poema.


xoves, 21 de marzo de 2024

1...2...3...4... ECO PER CU SIÓN

 


Aínda nos bailan os pés coa actividade desta mañá: un divertidísimo obradoiro de percusión con instrumentos de reciclaxe.
Desde cuarto de infantil ata sexto de primaria deixáronse levar polos ritmos que Didier Díaz e a súa compañeira Diana ían marcando.
Canto arte pódese crear golpeando un cubo de pintura e pronunciando palabras tan sinxelas e doces como chocolate!
Por un día fomos percusionistas, sempre seremos artistas!
Grazas a Didier e a Diana por unha mañá vibrante e, por suposto, grazas á ANPA San Xulián por axudarnos a financiar a actividade. 

mércores, 20 de marzo de 2024

RECICLAXE NA ESCOLA

 


Terceira e última sesión de educación ambiental en 5º e 6º de Primaria.
Nesta ocasión, os contidos estiveron orientados á necesidade de reciclar e de aproveitar os recursos naturais.
O alumnado fixo un importante exercicio de análise na procura de solucións ás necesidades do centro: temos suficientes contedores de reciclaxe? Podemos reducir o consumo de auga no colexio?
Grazas ao Concello de Ponteareas por organizar estas estupendas sesións!

martes, 19 de marzo de 2024

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. (1º PRIMARIA)

    Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día internacional da Muller, os alumnos e alumnas de primeiro curso, seguindo o programa da galega Esther Estévez - “Dígocho eu!”, convídanvos a cambiar algunhas expresións para mellorar a forma coa que nos diriximos ás mulleres.  

Prestade moita atención porque isto é moi importante, DÍGOCHO EU! 








xoves, 14 de marzo de 2024

BÁDMINTON NO PABILLÓN MUNICIPAL

 


Onte, no Pavillón Municipal Álvaro Pino, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria gozaron dunha nova xornada de deporte escolar: a primeira fase do Campionato Escolar de Bádminton de Pontevedra. 
Un día fantástico de aprendizaxe e práctica do deporte; pero tamén de convivencia. Co CEIP de Leirado, a competición sempre é deportiva e amable. Unha gran experiencia!
Queremos expresar, como sempre, o noso agradecemento ao Club de Bádminton Ponteareas por convidarnos unha vez máis. Especialmente a Víctor, polo seu impecable traballo e o seu indiscutible talento para dirixir a nenos e nenas.
Parabéns a todos os clasificados e clasificadas. Izan, Yoel, Breixo, Yaiza, Martina e Laura: Bo traballo!
Por último, dicir que, acompañando ás imaxes, os nenos e nenas de 5º de primaria explican por que as xornadas de deporte escolar son unha das nosas actividades favoritas. 

PROTECCIÓN DA NATUREZA


Temos claro que protexer a natureza e protexer ás persoas son dúas caras dunha mesma moeda. Un exemplo diso atopámolo nas distintas charlas que deu a Garda Civil en 5º e 6º de primaria.
No mes de febreiro, unha garda explicou aos nenos e nenas a enorme riqueza natural que temos no noso país e a imperiosa necesidade de protexela e recuperala naqueles lugares nos que se viu comprometida. 
Non é demasiado tarde! Aínda temos moito por facer!

martes, 12 de marzo de 2024

Mulleres na radio

  O alumnado de 3º de primaria investigou sobre a vida dunha xornalista das de verdade. Unha muller que comezou a traballar na radio con só dezaoito anos. Directora e presentadora en Radio Nacional de España. Gañou dous premios Ondas, dous Micrófonos de Prata e un Micrófono de Ouro… entre outros moitos galardóns. Todo un exemplo de comunicación de calidade.

Pepa Fernández



luns, 11 de marzo de 2024

Semana da prensa: Titulares tolos


O que vedes é a actividade que propuxo este curso o equipo de biblioteca pola semana da prensa: “Titulares tolos”.
Os nenos e nenas; ben equipados con xornais, tesoiras, pegamento e carros de imaxinación crearon titulares do máis absurdo e creativo.






mércores, 6 de marzo de 2024

8 de marzo, día da muller

 Na biblioteca de Leo León, preparamos unha extensa exposición de contos e libros dedicados ás mulleres.





sábado, 2 de marzo de 2024

Novidades de Marzo

 Este mes comeza cunha chea de contos novos na biblioteca de Leo León. 

Para os lectores e lectoras máis novos temos dúas coleccións pensadas para eles e elas. Son "Aprende a ler na escola de monstros"  e "Investigato". Dúas coleccións en letra maiúscula  e por último dous contos novos da colección de Mortiña.

Ademais e debido ás peticións de algúns alumnos de 3º de primaria, contamos con dous novos exemplares do Capitán calzoncillos e un novo libro de Tom Gates.

Para o terceiro ciclo contamos cunha nova colección titulada "Chica xenial" que seguro gustará moito entre a rapazada destas idades. 

Todas estas novidades e moitas máis podedes atopalas na biblioteca de Leo León!