domingo, 20 de novembro de 2016

Os axudantes da biblioteca

Equipados cun colete moi chulo, unha pegatina coa miña foto e a palabra AXUDANTE, preséntovos ao equipo de colaboradores e colaboradoras da nosa biblioteca.

Sempre dispostos a axudar, tédelos á vosa disposición para buscar un libro, facervos unha suxestión lectora ou para resolver calquera dúbida nos recreos da nosa biblio.

Vaia equipazo!

04 Presentación dos axudantes da biblioteca from Colexio Feliciano Barrera on Vimeo.
Vídeo presentación dos axudantes da Biblioteca Leo León, do colexio público Feliciano Barrera en Guláns, Ponteareas.

"Proceso ao sobriño", Contos por teléfono. Diego.

E este venres toucolle a quenda a Diego con... "Proceso ao sobriño". Vaia, vaia, ás veces o importante que pode ser unha letra. Vaia lea!

Noraboa Diego!



03 Hora de ler: Contos por teléfono. "O proceso dun sobriño". Diego Rodríguez Fernández. from Colexio Feliciano Barrera on Vimeo.
Conto narrado por Diego Rodríguez Fernández, alumno de 6º de primaria.
Gravado o 18 de novembro de 2016 na aula do grupo.
Actividade enmarcada na "Hora de Ler" do colexio Publico Feliciano Barrera, Guláns (Ponteareas).
Texto: "Proceso ao sobriño". Contos por teléfono (Gianni Rodari, versión de Kalandraka editorial).
Fragmento musical: "O home orquestra", do disco "A festa de disfraces", Toni Costa, Ana Quílez (Bellaterra Música, ed.).

domingo, 13 de novembro de 2016

A fantástica Daniela na hora de ler cóntanos "O paseo dun despistado", de Gianni Rodari

Pouco hai que engadir ao vídeo: a marabillosa Daniela conta, coma unha gran profesional, un divertido conto dun libro da nosa biblioteca que están a traballar na aula de 6º de primaria na hora de ler.

Noraboa Daniela!

A vindeira semana, outra historia de "Contos por teléfono". Sabes por que se chaman así? Porque son tan curtiños que se poden contar nun pis-pas.

Saúdos telefónicos, Leo.

02 Hora de ler: Contos por teléfono. "O paseo dun despistado". Daniela Soto Trielas. from Colexio Feliciano Barrera on Vimeo.

mércores, 2 de novembro de 2016

Leo León, de novo con todos vós!

Ola a todas e a todos!

Por fin inauguramos o novo curso 2016-2017 e a nosa biblioteca xa leva unhas semanas a todo gas.

O alumnado de 4º, 5º e 6º está a preparar suxerentes artigos e completísimos vídeo-reportaxes para amosarvos todo o que fixemos durante estas primeiras semanas de curso.

Así, poderedes ver as actividades que fixemos este mes e medio que levamos de clases: obradoiro de reciclaxe, Magosto, Samaín, inauguracións da biblioteca, axudantes de Leo León, contos de medo, cine terrorífico, festa do outono e outras novidades.

Pero mentres tanto, aí vos vai un pequeno adianto.


Saúdos agarimosos, Leo León.





01 Avance Leo León from Colexio Feliciano Barrera on Vimeo.
Vídeo nº1 do curso 2016-2017.
Radio Televisión de Guláns Leo León.