luns, 19 de decembro de 2022
Taller de biblioteca creativa.
Con novos materiais condutores de electricidade creamos un novo proxecto que se atopa entre a arte e a tecnoloxía. Trátase de integrar, de xeito creativo, compoñentes electrónicos en papel, para facelo interactivo e atractivo, demostrando o valor pedagóxico da cultura maker na aula. Para iso, utilizamos cinta adhesiva condutora de cobre, pila de botón, luces led e papel. E así construímos un circuíto led adhesivo, sen soldar nin enchufar cables.
sábado, 10 de decembro de 2022
luns, 5 de decembro de 2022
1ª xornada do concurso de construcións Leo León
Hoxe, os construtores de 1º e 2º, presentaron as súas obras ante o xurado. O premio vai estar moi rifado
Obradoiro de lenguaxe de signos
En 4º levan traballando a linguaxe de signos toda a semana para conmemorar o día internacional da discapacidade que se celebra o día 3 de decembro.
"DE ELLOS APRENDÍ"
Unha canción preciosa que gusta moito aos nenos e nenas e que en cuarto de primaria aprenderon a través da linguaxe de signos. Gustoulles moito aprender o alfabeto dactilolóxico.
domingo, 4 de decembro de 2022
venres, 2 de decembro de 2022
Día Internacional das persoas con Discapacidade
En 2º de Primaria, cóntannos o conto de "Orellas de bolboreta".
Recomendacións de Leo León Este sábado, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e Leo León amósanos os libros relacionados co tema. Son libros especiais, sobre persoas especiais, para nenos e nenas moi especiais. No Feliciano Barrera valoramos a diveresidade e apostamos pola inclusión.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)