venres, 23 de xuño de 2023

Bo verán!!

 REMATAMOS O CURSO!!

AGORA TOCA DESCANSO, RELAX, SOL E FAMILIA.

DESFRUTÁDEO MOITO.

VÉMONOS EN SETEMBRO!!

Festival de Cine de Guláns

Aquí vos deixamos un último agasallo que nos viu traer a alcaldesa antes de despedirse de nós.

Grazas!


 


xoves, 22 de xuño de 2023

mércores, 21 de xuño de 2023

HISTORIAS DE GULÁNS



Pois iso mesmo é o que se conta nesta curtametraxe: Historias de Guláns, historias de nenos e nenas que poderían estar no noso cole. Un traballo realizado entre distintos cursos para o Festival de Cine de Guláns. 

domingo, 18 de xuño de 2023

xoves, 15 de xuño de 2023

O Peroxo

 Onte o alumnado de 3º, 4º e 5º puidemos desfrutar da maravillosa visita de Luis Chapela, que nos viu falar do seu libro "O Peroxo, un rapaz de aldea".

Nos xa coñecíamos as aventuras deste neno, o Peroxo, que ademáis de desfrutalas e de aprender delas, fixéronnos rir en moitas ocasións. 

Peroxo foi un rapaz dos anos 40/50 un pouco traste, que lle gustaba facer trasnada e saltarse o cole para ir ver a tele á taberna. O Peroxo cóntannos historias que nos recordan as historias que os nosos avós e avoas nos teñen contado, e que divertidas e canto se aprenden delas. 


O Peroxo e o seu autor deixáronnos unha boa reflexión e é que hai que cuidar e aprender dos maior, que eles son os que teñen gran parte da sabedoría.


Grazas Luis por vir visitarnos e contestar a todas as preguntas que estes curiosos alumnos e alumnas tiñan. 





luns, 12 de xuño de 2023

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

 MÉRCORES 21 DE XUÑO, 10:30h

Un ano máis, como xa é tradición, o último día do curso temos unha cita na Avisoureira. Haberá graduacións, haberá bailes… Pero preferimos non adiantarvos nada esta vez. Esperámosvos!!!



luns, 5 de xuño de 2023

GOLF EN MONDARIZ

O xoves pasado as nenas e nenos de 5º de Primaria tiveron a oportunidade de aprender a técnica e o regulamento básico do golf. Practicaron diferentes golpeos seleccionando o pau de golf adecuado, como verdadeiros profesionais.

Esta é unha das actividades do Programa Xogade que máis gusta aos nenos e nenas do noso centro.  A contorna é moi agradable e tranquila; convida á relaxación e á concentración con todos os beneficios das actividades ao aire libre. Unha preciosa experiencia!

Grazas ao Club de Golf de Mondariz Balneario por convidarnos e facer desta xornada unha das nosas favoritas do ano.






sábado, 3 de xuño de 2023

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Os máis pesimistas equivocámonos esta vez. Decidimos confiar e houbo sorte: a primeira pinga de auga non caeu ata que todos os nenos e nenas estiveron xa sentados no bus de volta. 

Que día fermoso tivemos! Unha chea de experiencias concentradas nunhas poucas horas: contacto directo cos animais, xogos ao aire libre, tirolina, paseo en barca… Actividades moi divertidas nunha preciosa contorna.

Esta vez os nenos e nenas chegaron a casa case tan cans@s como os seus profes!












venres, 2 de xuño de 2023

xoves, 1 de xuño de 2023

E como se fixo a nosa curta? OS TRES PORQUIÑOS!!!

 Os nenos e nenas de 3º fixeron unha curtametraxe baseada no conto de "OS TRES PORQUIÑOS", pero un tanto peculiar, pois xa non hai rastro dos porquiños nin do Lobo Feroz, agora so vemos gatiños e unha temible Rata.

Xa vos ensinamos a curta, agora vai o Making Off, o traballo que os nenos e nenas de 3º pasaron para que quedara unha peli tan molona.