xoves, 29 de outubro de 2020

Audioconto "Os esqueletos divertidos"

 O alumnado de 3º de Primaria preparounos un audioconto do libro "Os esqueletos divertidos", da editorial Kalandraka, escrito por Janet & Allan Ahlberg. Esperamos que vos guste!!!


Co alumnado de 2º aproveitamos este Samaín para aprender os ósos do noso corpo en Ciencias da Natureza. Que ben traballan!!!





Conxuros enfeitizantes

O noso Samaín provén dos nosos antepasados celtas. Eran pobos guerreiros que, coa chegada desta noite máxica, celebraban unha gran festa para conmemorar o final da colleita e do verán, e dar a benvida ao Novo Ano Celta. Tamén lles deixaban víveres e doces fóra da casa para que comesen algo despois da longa viaxe. Esta noite non era recomendable abrir a porta a ninguén, xa que os trasnos e fadas vagaban a doután polos bosques e as aldeas.

O alumnado de 4º de Primaria preparounos uns conxuros para enfeitizarnos nesta noite máxica:

domingo, 25 de outubro de 2020

 E aquí temos o marcapáxinas que Leo León ofreceu a todo o alumnado e que agarda que vos guste moooooiiito mooooiiito!!! Feliz Día das Bibliotecas Escolares!!!





 Os máis pequeniños e pequeniñas do cole, non coñecían a mascota da Biblio. Así que esta semana, recibiron a visita de Leo León. Que sorpresa!!!                      

Os biblioaxudantes de 6º explícanos cun vídeo-titorial as medidas de hixiene a causa da COVID-19 que son necesarias seguir para un bo uso da nosa Biblioteca.
Axúdanos a seguir estas sinxelas medidas polo ben de todos e todas.
                                                    

venres, 23 de outubro de 2020

Día das Bibliotecas 2020

Hoxe, festexando o Día das Bibliotecas Escolares, Leo León ten un pequeno agasallo para todo o alumnado. Para ver a súa presentación escanea o código QR:
   
                     
               
E aquí vai o agasallo: Marcapáxinas LEO LEÓN SEMPRE AO TEU CARÓN.


LER É MOITO!!!

xoves, 22 de outubro de 2020

Leo León tamén trouxo o conto do "Sastreciño valente" ao noso alumnado de Educación Infantil, a través dun "Kamishibai" interpretado polas mestras de Infantil. Quedaron impresionados!!!                          




O alumnado de 3º de Primaria practicaron o "kamishibai". Que profesionais!!!

                      

 Hoxe "Leo León", a nosa mascota da biblio, agárdanos cunha sorpresa, un "kamishibai", que literalmente en xaponés significa "teatro de papel". É unha forma de contar contos moi moi antiga dentro da tradición oral das narracións xaponesas. Remóntase ao século XII. Outro día profundizaremos un pouco máis nesta magnífica técnica ancestral que hoxe en día mantén a súa vixencia e é un estupendo recurso educativo. @s alumn@s de 2º de Primaria realizaron unha actividade de kamishibai para os seus compañeir@s de 1º de Primaria na biblioteca do cole. Escollimos o conto titulado "O sastreciño valente" dos Irmáns Grimm, un clásico da literatura infantil universal. Esta foi a nosa primeira experiencia lectora con este recurso. Todos quedamos con ganas de máis historias contadas a través do "butai" ou "xanela de madeira" e de que pronto "Leo León" nos volva a reunir na biblio do cole.

mércores, 21 de outubro de 2020

Nesta ocasión temos ao alumnado de 1º desenvolvendo a psicomotricidade fina para aprender o fantástico mundo das letras, con luces e plastilina que os motivan un montón. Que cantidade de contos agardan por vos!!!!                               

martes, 20 de outubro de 2020

 Leo León achega unhas lecturas terroríficas para desfrutar deste Samaín. Truco ou trato??



luns, 19 de outubro de 2020

 Esta semana estamos preparando o Día das Bibliotecas Escolares, o 24 de Outubro. Por iso os biblioaxudantes de 6º prepararon un vídeo-titorial para explicarnos un pouco a organización da nosa Biblioteca. Moi bo traballo!!!

martes, 13 de outubro de 2020

O alumnado de 2º anímanos á lectura do conto "El Perro Azul", escrito por Nadja. Representárona para o alumnado de 1º e estiveron moi atentos!!!



venres, 9 de outubro de 2020

 O alumnado de 1º  e 2º preparounos o conto "O Principiño, volta tras o COVID". 

Agardan que vos guste!!!                                     

      Seguindo o lema deste curso "XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR", o alumnado de 1º e 2º  ofrécenos unhas preciosas vistas do mundo, a flora e a fauna a través da...

REALIDADE AUMENTADA.