venres, 31 de maio de 2013

EXPERIMENTOS DE 2º

Os nenos de 2º estivemos facendo experimentos para medir líquidos con diferentes recipientes...Medimos, comprobamos, comparamos...
Ao rematar, coa auga que sobraba estivemos regando, porque entendemos o importante que é a auga e utilizala ben e  non malgastala. Por último as botellas de plástico  tirámolas no colector...AMARELO!

A VER SE VOS GUSTA!





martes, 28 de maio de 2013

Exposición antigüidades


Ola a todos!Estou moi contento porque os nenos de 4º e a profe Ángeles fixeron unha exposición moi bonita na biblioteca. Esta vez o tema eran "as antigüidades".Xa  veredes que interesante. Ata pronto! Leo León.








venres, 24 de maio de 2013

Trouble in the jungle Book

E por fin xa temos dispoñible na biblioteca do colexio o libro feito polos alumnos de 6º de infantil, 1º-2º-3º e 4º de primaria sobre o contacontos " Trouble in the Jungle" que viu ao noso cole.



Podedes ver este precioso libro na nosa biblioteca!!
Un saúdo de Leo León que vos espera...

xoves, 23 de maio de 2013

Día do libro

O 23 de abril fixemos un libro de poesías entre todos os alumn@s do colexio para conmemorar o DÍA DO LIBRO.

E aquí está o resultado....




Pres día do libro from belengc7


Gústavos???
Tamén podedes velo na nosa biblioteca!!!

mércores, 15 de maio de 2013

O GRAN XOGO DAS LETRAS GALEGAS


Como todos os anos festexamos o Día das Letras Galegas. Este ano adícaselle a Roberto Vidal Bolaño.Organizamos uns xogos moi divertidos con preguntas e pistas sobre el. Todos os alumnos e alumnas o  pasaron moi ben e esforzáronse moito.Noraboa a todos!! 



luns, 6 de maio de 2013

Un conto de piratas...


Os alumnos e alumnas  de 4º  inventamos un conto e logo o interpretamos para todos os nenos e nenas do cole. Estivo xenial!





venres, 3 de maio de 2013