sábado, 24 de abril de 2021

 Polo Día do Libro, compartimos as nosas lecturas favoritas. Durante esta semana escolleuse na biblioteca un libro que fose especial, para agasallar, cunha nota na que escribiron por que é importante ese libro. E hoxe foi o sorteo.

Nada mellor que compartir un libro para favorecer o enganche coa lectura. Quen non recibiu un libro emprestado dun amigo ou amiga e descubrir todo un universo novo?



Aquí temos os libros preparados:

Feito o sorteo:


En Educación Infantil fixeron un marcapáxinas polo Día do Libro e tamén recibiron o agasallo da Biblioteca:


 Esta semana, na biblioteca, Leo León preparounos un reto para o Día do Libro: unha gran tormenta batía no mar. Un barco e con el uns libros corrían o risco de afundirse. A biblioteca converteuse nun faro que daba luz aos libros. Para salvalos, cada curso tiña que atopar os personaxes dun conto e responder a unhas preguntas sobre o libro. Cada pista conseguida foi selada e ao rematar houbo premio para todo o alumnado.

Seguide o reto no seguinte vídeo:

 Rematamos coas lecturas colectivas da semana do libro:



martes, 20 de abril de 2021

 Continuamos coas lecturas colectivas para conmemorar a semana do libro. Un libro é o mellor compañeiro de viaxe e coas súas palabras estamos forxando os lectores e lectoras do futuro.