Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
martes, 20 de xaneiro de 2026
ACTIVIDADE "O BOSQUE ATLÁNTICO"
xoves, 15 de maio de 2025
SAÍDA POLOS MUÍÑOS DA CONTORNA
A finais do mes de abril puidemos gozar dun marabilloso día de excursión polos muíños de Guláns e tivemos a sorte da nosa parte, pois Pedro, o papa de Martiño puido acompañarnos e Alberto puido axudarnos a ver como funciona un muiño de verdade, con millo e todo!
Moitisimas grazas pola vosa axuda e colaboración!
mércores, 14 de maio de 2025
FAMILIAS DE INFANTIL NA ESCOLA
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo amosando algunhas das familias que participan no día a día da nosa aula. Coma sempre é un pracer contar con vós.
Os nenos, nenas e profes dámosvos as GRAZAS!
martes, 4 de febreiro de 2025
FACENDO XABÓN
Foi una experiencia moi divertida e emocionante.
Aprendemos moito sobre produtos de limpeza e tamén aprendemos a facer xabón caseiro con aceite usado.
Querémoslle dar as grazas a "Ponte a zero " por ser tan amables con nós, por facernos rir e por ensinarnos esas combinacións que poden poñer en perigo a nosa vida nuns segundos.
Moitas grazass!!!!
mércores, 18 de decembro de 2024
Rede galega de promoción da saúde
O martes 10 de decembro, viñeron Marta e Iria a explicarnos cousas sobre a promoción de saúde.
venres, 22 de novembro de 2024
Todas e todos contamos
Fixemos moitas actividades:
- Infantil tivo contacontos.
- 1º, 2º, 3º e 4º tiveron un teatro.
- 5º e 6º fixemos instrumentos oe tocamos. Tambores (que estaban feitos de caldeiros decorados) , maracas (feitas de bebibles cheos de arroz e decorados con papeis de cores brillantes ) e caixas chinesas.
Grazas por vir a ensinarnos a facer estes instrumentos tan chulos!!Admiramos o voso traballo.
Grazas por escoitarnos!!!!!
domingo, 17 de novembro de 2024
Sabores de outono e un pouquiño máis
Nesta ocasión deixamos aquí unha pequena mostra do acontecido na actividade SABORES DE OUTONO EN FAMILIA. Ademais, mostramos a visita dunha mamá que nos acercou ó DIA DOS MORTOS de México ás nosas aulas.
Tan só darvos as grazas as familias que participades no cole, cando vides ben vedes o que supón para os cativ@s a vosa presenza na escola.
GRAZAS
sábado, 9 de novembro de 2024
Inicio de curso e un pouquiño máis 24-25
VIDEO INICIO DE CURSO E UN POUQUIÑO MÁIS
venres, 18 de outubro de 2024
Preparación do pleno infantil
xoves, 15 de xuño de 2023
O Peroxo
Onte o alumnado de 3º, 4º e 5º puidemos desfrutar da maravillosa visita de Luis Chapela, que nos viu falar do seu libro "O Peroxo, un rapaz de aldea".
Nos xa coñecíamos as aventuras deste neno, o Peroxo, que ademáis de desfrutalas e de aprender delas, fixéronnos rir en moitas ocasións.
Peroxo foi un rapaz dos anos 40/50 un pouco traste, que lle gustaba facer trasnada e saltarse o cole para ir ver a tele á taberna. O Peroxo cóntannos historias que nos recordan as historias que os nosos avós e avoas nos teñen contado, e que divertidas e canto se aprenden delas.
O Peroxo e o seu autor deixáronnos unha boa reflexión e é que hai que cuidar e aprender dos maior, que eles son os que teñen gran parte da sabedoría.
Grazas Luis por vir visitarnos e contestar a todas as preguntas que estes curiosos alumnos e alumnas tiñan.
martes, 2 de maio de 2023
MEL DE GALICIA
O pasado xoves recibimos no colexio unha doce visita. Un curso máis, Mel de Galicia enviounos a unha persoa experta para explicarnos o proceso de elaboración do mel. Terminada a charla, os nenos e nenas de primeiro de primaria quedaron completamente convencidos e convencidas de que, tanto a abella raiña, como as abellas obreiras e os abellóns son importantes para a natureza e, polo tanto, para tod@s nós.
Grazas pola visita!
venres, 31 de marzo de 2023
PAKOLAS, COMO MOLAS
Despois de todo un longo trimestre de traballo mereciámosnos un pouco de festa e vaia se a tivemos! Cantamos, bailamos e gozamos como ananos co noso novo rockeiro/guitarreiro favorito: Paco Cerdeira, máis coñecido como Pakolas.
Como sempre que organizamos un evento deste tipo, non podemos esquecer ás persoas que o fan posible. Grazas ao Centro Cultural de Guláns por cedernos o seu estupendo salón de actos e, por suposto, grazas ao ANPA San Xulián por contribuír tanto co financiamento do espectáculo. Repetimos: non sería posible sen a vosa axuda.
Feliz fin de trimestre para todas e todos. O 11 de abril volveremos coas pilas ben cargadas!
xoves, 2 de marzo de 2023
VISIÓN E APRENDIZAXE
O martes visitounos unha optometrista da clínica Boavisión, de Vigo, cun dobre obxectivo: Por unha banda, informar ao alumnado de quinto e sexto de primaria do que deben facer para coidar a súa visión, especialmente en todo o relacionado co uso de pantallas. Por outro, formar ao profesorado acerca da estreita relación que se dá entre a visión e a aprendizaxe, facendo fincapé naqueles movementos, posturas ou actitudes que poden indicar un problema de visión nos nenos e nenas. Resultou moi interesante. Grazas a Boavisión por vir visitarnos!
sábado, 17 de decembro de 2022
Un día máxico
Todas as nenas e nenos gozaron onte dun divertidísimo día de maxia na Casa Cultural de Guláns. Aprendemos moitos trucos. Qué divertido foi.
Darlle as gracias a Carlos pola súa maxia e sentido do humor.
sábado, 12 de novembro de 2022
O mundo dos cogomelos
A maioría de vós xa sabedes que, este venres, Anxo deu no colexio unha charla sobre micoloxía. Como moi ben explicounos Petra, a súa filla, o seu papá ía explicar as normas dos cogomelos: que non debemos pisalos, que non debemos collelos todos… Imposible resumir nun post todo o que nos explicou Anxo no tempo que pasou connosco. Só dicirlle que a todos e todas nos encantou a súa presentación e que estamos profundamente agradecid@s pola súa visita. Volve cando queiras!

.jpeg)






























