mércores, 29 de xaneiro de 2020

Patios dinámicos!

E aquí tendes unhas instantáneas da nosa sesión de pintura.
O noso proxecto de patios dinámicos segue en marcha!
Caucho reutilizado a xardineira.
Moitísimas grazas á ANPA e ás familias pola vosa colaboración FUNDAMENTAL.







venres, 24 de xaneiro de 2020

Hora de Ler

Encontros lectores na Hora de Ler

Como ben sabedes ás nenas e nenos de infantil gústanos as visitas e encántanos que nos conten contiños interesante e educativos. 
Nesta ocasión vieñeron a visitarnos os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria acompañados da súa superprofe que arrancou a lernos un libriño moi especial "ELMER, o elefantiño multicolor".
Logo fixemos algunhas actividades conxuntas cos nosos compañeiros/as maiores que estaban encantados de volver a súa antiga aula.

Moitas grazas por vir, esperámosvos outro día para seguir a divertirnos xuntos!