O Club de lectura de 4º de Primaria traballaron o conto "A viaxe do vikingo soñador" de Ana Merino, Descubriron unha sorprendente viaxe cara o lugar onde habitan as respostas e onde se esconde o verdadeiro amor. Unha delicia de poema épico que é como unha historia, en verso, cheo de aventuras e personaxes. Pareceulles precioso e quixeron facer unha banda deseñada, en galego, do conto.
Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
martes, 30 de abril de 2024
luns, 29 de abril de 2024
Biblioteca creativa - Antifaces, circuíto téxtil
Dende Biblioteca creativa, o alumnado de 6º, realizaron os antifaces coa técnica do circuíto eléctrico téxtil, usando fío condutor, pilas e Leds, para integrar a tecnoloxía, coa técnica tradicional, en tecidos. Un xeito divertido de entender a electricidade.
domingo, 28 de abril de 2024
BIBLIOTECA CREATIVA - LETTERING NA ESCOLA.
Dentro do programa Biblioteca Creativa; o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria gozou dunha actividade moi especial: un obradoiro de lettering.
O lettering é algo máis que caligrafía, é unha disciplina artística máis próxima ao debuxo que á escritura.
Os seus beneficios para nenos e nenas son múltiples: fomenta a creatividade e concentración; reduce o estrés; mellora a escritura e ofrece un espazo para a expresión de emocións e sentimentos.
Da man de Gabi (@gabi.pastoriza) e Ana, de Studio 57 (@studio57escueladebaile), a experiencia non puido ser mellor. Moitísimas grazas por ofrecernos unha mañá tan artística e divertida!
mércores, 24 de abril de 2024
Libros ao patio
Hoxe fixemos a nosa xa clásica actividade :"libros ao patio" para seguir celebrando a semana do libro.
Todo o alumnado participou nela e gozaron lendo, no patio na hora de lectura, sós ou en compañía.
martes, 23 de abril de 2024
Día do libro: apadriñamento
Hoxe era un día moi especial: O día do libro. Desde a blbioteca celebrámolo cunha actividade moi bonita na que participaron todos os alumnos e alumnas do cole: Os apadriñamentos.
Os alumnos e alumnas de 6º, 5º, 4º e 3º foron nomeados padriños e madriñas dun neno ou nena de 2ºe 1ºde primaria e 4º, 5º e 6º de infantil que a súa vez serían os seus afillados e afilladas.
Madriñas e padriños acudiron á cita cun pequeno agasallo para os seus afillados e buscaron entre as 3 caixas preparadas polos axudantes de bilbioteca, un conto para ler durante a hora de lectura.
A actividade foi entrañable.
luns, 22 de abril de 2024
A HORA DO CÓDIGO
luns, 15 de abril de 2024
PROXECTO AVES EN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
domingo, 14 de abril de 2024
ATLETISMO EN 4º E 5º DE PRIMARIA
martes, 9 de abril de 2024
LUZ Y SOMBRA
luns, 8 de abril de 2024
Biblioteca Creativa: Máquinas que garabatean
As garabateadoras son artiluxios motorizados que se moven de xeito inusual e deixan un trazo no seu percorrido. En 5º e 6º de Primaria construímos unha garabateadora con materiais sinxelos, como rotuladores, vasos plásticos, pilas e cinta adhesiva. Puxémolos en movemento coa vibración dun motor cun contrapeso para que xiren, choquen e salten. Experimentamos diferentes montaxes e formas de desequilibrar o motor. Despois de facer probas e investigar cos cambios, compartimos a experiencia nun gran papel continuo, onde probaron as súas máquinas, creando un debuxo en conxunto.
domingo, 7 de abril de 2024
Comprendendo o autismo
Os nenos e nenas de 3º de primaria, fixeron un gran traballo sobre o autismo. É un traballo cargado de empatía , solidariedade e respecto
sábado, 6 de abril de 2024
CLUB DE LECTURA, MANUALIDADES "PEROXO, UN RAPAZ DE ALDEA"
O alumnado de 3º de Primaria, unha vez rematado o libro "Peroxo, un rapaz de aldea" escrito por Luís Chapela Bermúdez e comentado o estilo, a caracterización dos personaxes, a época histórica da obra, as súas expectativas... animáronse a facer unhas manualidades sobre o libro, creando unha gran maqueta en grupo con textos, debuxos, ilustracións e moitos materiais, todos construídos polo alumnado.