sábado, 30 de decembro de 2017

mércores, 27 de decembro de 2017

Radio Televisión Leo León, programa piloto

Programa piloto de Radio Televisión Leo León from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

Primeiro programa (piloto) de Radio Televisión Leo León. Proxecto anual do Equipo de Biblioteca e de Dinamización Lingüística do colexio público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).
As gravacións corren a cargo do alumnado e, paseniñamente, serán capaces de idear, planificar, estruturar, gravar e editar todos o proceso ao longo do curso 2017-2018.

luns, 18 de decembro de 2017

A DIXESTIÓN


Os nenos e nenas de 2º fixemos un vídeo no que vos explicamos o proceso da dixestión.
Esperamos que vos guste e que vos sirva para entender mellor como funciona o noso corpo.



luns, 11 de decembro de 2017

Os itinerarios lectores

Queremos contarvos unha novidade deste curso nabiblioteca:inauguramos ositinerarios lectores. Trátase dun percorrido literario desde 1º a 6º de primaria que todos os alumnos realizarán nas horas de lectura ao longo de toda a primaria. Nas aulas todos xuntos lerán estes libros, falarán deles, comentaranos, etc. Unha chea de actividades a partir da lectura compartida dun libro.

OS ITINERARIOS LECTORES from Radio Televisión Leo León on Vimeo.