martes, 4 de xuño de 2019

Proxecto "Os volcáns"

Así fixemos os nosos volcáns: Primeiro, pedímoslle unas taboas de madeira ao pai de Lucas. Dividimos a clase en catro grupos e  puxemonos mans á obra. Logo, suxeitamos a botella dun litro de auga á taboa con cinta de carroceiro. A forma era unha pirámide. Logo reechemos os buratos con bolas de xornal. Despois fixemos o engrudo con auga temperada, cola branca e fariña. Fixemos anaquiños de xornais, metímolos no engrupo e pegámolos na estructura do volcán. Puxemos tres capas e deixamos secar tres días cada capa. Por último pintámolo con témpera e rematamos cunha capa de barniz. Co volcán rematado, botamos dentro da botella vinagre, colorante alimenticio de cor vermella e amarela e por último botamos bicarbonato. De seguido o volcán entra en erupción. Bruuuuummmmmmm!!!!!!!!!!!