Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
xoves, 8 de xaneiro de 2026
XA ESTAMÓS AQUÍ!!!
luns, 22 de decembro de 2025
NADAL 2025
mércores, 17 de decembro de 2025
Bo Nadal desde a biblioteca de Leo León!!
Grazas ao alumnado e ás familias polos adornos para a árbore da nosa biblioteca.
mércores, 3 de decembro de 2025
VOLVE A CASA POLO NADAL
mércores, 8 de xaneiro de 2025
A biblioteca en Nadal
Un ano máis, a bilioteca encheuse de adornos feitos polos nenos e nenas do cole. O ambiente durante o mes de decembro foi moi cálido e acolledor na biblioteca do noso cole. Todo o alumnado do cole estaba moi orgulloso da nosa árbore de Nadal
venres, 27 de decembro de 2024
NADAL EN PRÁCTICAS
mércores, 18 de decembro de 2024
Caixas para o Nadal
Na clase de 5º e 6º, estivemos decorando caixas para o Nadal.
Empregamos caixas de zapatos e quedaron moi chulas. Decorámolas con vellas partituras e moitas cintas de distintas cores.
Agora xa sabedes como se fan estas fermosas caixas navideñas.
Animádevos e facede unha na vosa propia casa.
Himmelis. De Galicia a Finlandia
Chámanse Himmelis, son octaedros feitos con palla e póñenos nas casas para atraer a boa sorte.
Rímonos moito facéndoos. Recomendámosvolo. É moi divertido.
mércores, 10 de xaneiro de 2024
martes, 9 de xaneiro de 2024
Nadal na biblioteca
A bilioteca luciu moi bonita grazas á axuda de todo o alumnado do cole que fixo posible todos os adornos da árbore de Nadal.
luns, 8 de xaneiro de 2024
Agasallos do Elfo de Guláns e Leo León.
Sorpresa!!!
Así da gusto volver das vacacións. Desde 4º de Infantil ata 6º de Primaria, tódolos nenos e nenas do colexio recibiron unha bonita sorpresa. Nas aulas atoparon agasallos para compartir: xogos, quebracabezas, materiais para manuealidades... O Elfo de Guláns e Leo León aliáronse para ofrecer un último escintileo de maxia este Nadal. Comezamos o ano con moita enerxía!
mércores, 20 de decembro de 2023
domingo, 15 de xaneiro de 2023
Agasallo de Nadal a todas as aulas na biblioteca
Nadal na biblioteca
mércores, 28 de decembro de 2022
Resumo do Nadal
Dende o cole queremos desexarvos un Bo Nadal. Aquí tedes unha pequena recopilación das actividades feitas este Nadal.
luns, 19 de decembro de 2022
Taller de biblioteca creativa.
FESTIVAL DE NADAL
O xoves 22 ás 10:30 temos o pracer de convidarvos ao Festival de Nadal que terá lugar no Centro Cultural de Guláns.
Preparádevos porque este ano hai moita marcha!
Concerto da Orquestra Pedra da Auga
Este mércores estades convidados ao concerto da Orquestra Pedra da Auga do IES Pedra da Auga no centro Cultural de Guláns.











