Xa está listo o XORNAL DAS MULLERES DO CONDADO coas noticias que todos vós fixestes.
Engadímolo á caixa de LIBROS FEITOS POR NÓS.
Noraboa polo voso traballo.
Durante esta semana estivemos aprendendo moitas cousas sobre a celebración de Easter nos Estados Unidos grazas a nosa auxiliar de conversación, Jackie.
E xa temos un novo libro na biblioteca sobre os dinosaurios.
Despois da excursión do día 4 de marzo, debuxamos ao noso dinosaurio favorito e fixemos un libro con todos os debuxos do cole. Xa o podedes ver na biblioteca!!