martes, 15 de marzo de 2022

Aprender xogando e xogar aprendendo.

 Dicía Albert Einstein que "o xogo é a forma máis elevada de investigación" e no Feliciano Barrera non podemos estar máis de acordo. Só hai que ver aos nenos e nenas de 2º de Primaria pasándoo xenial ao mesmo tempo que aprenden xeografía, ciencias naturais, ortografía...e moito máis, cos seus xogos de aula. Non hai que esquecer tampouco outras aprendizaxes máis importantes incluso que as académicas: esperar a quenda, respectar a compañeiros e compañeiras, seguir unhas normas, saber perder, saber gañar...





Ningún comentario:

Publicar un comentario