luns, 2 de novembro de 2026

RETO 2 do mes de novembro


 Novo mes, novo reto...

Un outono, mil historias


 
 


  
Como sabemos que temos grandes escritores e escritoras no noso cole, seguro que esta proposta será todo un éxito!

Seres fantásticos de Galicia polos nenos de 1º- entrega I


 Basándonos no libro da editorial Xerais de Anaír Rodríguez e David Rodríguez, o alumnado de 1º está a coñecer un montón de seres fantásticos de Galicia. Comezamos con tres: o Alicornio, a Coca e os Demachiños.

Cal vos gusta máis?

Prometemos novas entregas 

venres, 30 de outubro de 2026

Outono e Samaín no cole



Durante esta semana, as aulas convertéronse en auténticos obradoiros de arte. 
Con axuda das familias, o alumnado trouxo unha colección espectacular de manualidades e de cabazas: desde os deseños máis tradicionais do Samaín ata creacións orixinais repletas de elementos naturais do outono, pintura  e moita orixinalidade para rematar hoxe coa festa de outono co tradicional magosto e xogos por estacións.
 
Viva o outono! 

mércores, 28 de outubro de 2026

Canción dos esqueletos


Hoxe 2° estivo tocando a canción dos esqueletos 
con instrumentos de pracas e campás. 

Nótase que está preto o Samaín!



 

Pulseiras de outono


 Pulseiras de outono con lá como resultado. No proceso, o alumnado de 1º traballla ritmo, coordinación e motricidade fina. Unha actividade fantástica!

luns, 26 de outubro de 2026

Dente de León en 1º de Primaria

En 1º de primaria traballaron as partes da planta e as súas funcións, as propiedades medicinais desta planta e a súa conexión co universo. 

 



Sete dentes de León de Ledicia Costas por 1º de primaria





 Coñecedes a lenda do arco da Vella?

O alumnado de 1º de Educación Primaria mediante o seu club de lectura, estiveron traballando o libro Sete dentes de león de Ledicia costas. Reelaboraron a historia coas imaxes máis significativas e desglosaron o conto que lles encantou.

Recomendan moitísimo este libro de Ledicia Costas e as ilustracións de David Sierra.


domingo, 25 de outubro de 2026

O aparato dixestivo por 6º de primaria

 Os alumnos e alumnas de 6.*º de Primaria estiveron traballando duro en clase de Ciencias para descubrir como funciona o noso corpo. A través deste traballo, investigaron o percorrido que fan os alimentos e a importancia de coidar o que comemos.

​Invitámosvos a botar unha ollada ao resultado do seu esforzo. Estamos moi orgullosos do moito que aprenderon e do ben que o plasmaron!

​Podedes ver o traballo completo aquí abaixo!



venres, 23 de outubro de 2026

A Biblioteca de Leo León en marcha!

Despois de varias semanas de preparación e formación, por fin chegou o momento de que o alumnado de sexto, da man de Leo León, dea a benvida a todos os compañeiros e compañeiras a nosa biblioteca.

Ao longo desta xornada tan especial, puxemos en marcha o apadriñamento lector, creando parellas de padriños e madriñas e afillados e afilladas que compartirán lecturas, historias e moitos momentos especiais arredor dos libros.

Ademais, entre todos e todas, demos vida á Árbore das Lendas, un espazo no que medrarán as historias, a imaxinación e a tradición, en consonancia co proxecto do centro deste curso: Mitos e lendas. 

E as novidades non rematan aquí! As mochilas viaxeiras xa comezaron a súa andaina, levando os libros e a maxia da lectura ata os fogares para compartir novas aventuras en familia.

Así comeza unha nova viaxe polo mundo dos mitos, as lendas e a fantasía, na que cada libro será unha porta aberta a novos mundos por descubrir.

Que a maxia das historias nos acompañen durante todo o curso! ✨📚








venres, 16 de outubro de 2026

Punto de Bookcrossing para familias

 



Xa temos no noso cole un punto de intercambio de libros dirixido para as familias do noso alumnado. É un espazo autónomo, sin necesidade de rexistro. Para participar, soamente hai que traer un libro que xa limos e levar outro para darlle unha nova oportunidade.

Animádevos a participar para facer circular a lectura!

mércores, 30 de setembro de 2026

Novo curso, novos retos...


 E como non podía ser doutra maneira, este curso Leo León propón pensar e pescudar sobre o noso proxecto de centro: Mitos e lendas.

Cada mes, teremos unha proposta nova donde o alumnado debe pescudar ou crear entorno a esta temática.

Comezamos moi creativos, inventando o noso propio ser mitolóxico. Seguro sairán creacións do máis incribles!

xoves, 17 de setembro de 2026

Volve LÓVA!!

Xa somos de sexto e seguimos co traballo da Ópera!

Os interpretes esta traballando no guión. Xa vai tomando forma. 

Deseño visual estivo facendo o mood board.Agora xa empezaron a traballar nas maquetas da escenografía.

 

Os músicos están traballando na primeira canción.

 

E nós, produción, estamos facendo esta publicación que mola mogollón.

luns, 22 de xuño de 2026

Recomendacións literarias para o verán

  O equipo de biblioteca recomenda estes fantásticos libros para toda a comunidade educativa.

Desexámosvos unhas felices vacacións







xoves, 18 de xuño de 2026

Club Os Curriños: AS NOSAS MASCOTAS


Xa chegamos a fin de curso, e tamén ao último reto deste club: presentar as nosas mascotas! Neste Padlet que creamos poderedes coñecer aos peludiños da nosa familia. Que importantes son nas nosas vidas, e que importante é coidalos!! 

Curriño tamén atopou o seu fogar. Que tal lle irá? Esperamos poder volver noticias del algún día. Adeus!!