xoves, 20 de febreiro de 2020

Entrega de premios concurso de poemas "Día de Rosalía de Rosalía 2020"

A concellería de Cultura entregou os premios do concurso de poemas ilustrados “Día de Rosalía 2020”

Kirk Groba Lefevre, da nosa escola, é un dos gañadores


A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, entregou no auditorio municipal os premios do II concurso de poemas ilustrados “Día de Rosalía 2020”, enmarcados na programación dos actos e actividades con motivo do mes da ilustre escritora Rosalía de Castro.
Os centros educativos de Ponteareas participaron, un ano máis, neste concurso que pón en valor a figura da pensadora e poetisa galega e promove o coñecemento das e dos nosos persoeiros símbolo de defensa do pobo galego e da nosa lingua.
Na categoría de primaria o traballo gañador foi “Amencer” do alumnado de 5ºB do CEIP Fermín Bouza Brey , o segundo premio foi para Paula Soto Pousa e o terceiro premio para Carla Pérez Carnero. Kirt Groba gañou o accésit.
Na categoría de secundaria a gañadora foi Carla Avalle Penabella, quedando segunda Ariadna Iglesias Martínez e terceira Rebeca Soto Márquez. Obtendo o accésit Lúa Alonso Carrera.

xoves, 13 de febreiro de 2020

Xornada de portas abertas

Xornadas de Portas Abertas
Compartide, por favor!
Martes 18 de febreiro, ás 11:30 ou as 18 horas .

Vide a coñecernos!!!


O Entroido está a chegar

A gran mascarada estase a asomar na nosa escola.
Fixaivos que ambientazo había esta mañán no tempo de lecer na nosa biblioteca, onde os docentes de garda prepararon máscaras para ir entrando en calor.

Entroido move o corpo!







Aprendendo a reciclar


Os tres R, reducir, reutilizar e reciclar, xa están claros grazas ao alumnado de 6º, que estes días andan polo colexio dando bos consellos aos diferentes cursos. 
Simulamos tamén os catro tipos de contedores e fixemos un xogo para aprendermos a botalos nun ou noutro.








sábado, 8 de febreiro de 2020

O primeiro Vídeo de Nepal

O pasado 21 de xaneiro visionamos o primeiro vídeo chegado de Nepal no que nos explican como é a súa escola, espero que vos guste tanto como a nós. Este é un resumo, pronto poderemos ver o vídeo enteiro.



venres, 7 de febreiro de 2020

Lipdub polo día da paz

As nenas e os nenos do CEIP Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas ) celebraron o día da paz con este fermoso Lipdub e a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras.




A receita da Paz

Este ano, desde a biblioteca do cole, queremos; contribuir a fomentar a Paz, cociñando unha receita elaborada por todos/as os nenos/as do cole. Esta receita foi pintada polos nenos de infantil, polas axudantes de biblioteca e por todos/as os nenos/as que quixeron participar na biblioteca. Os ingredentes foros elexidos por todas as aulas do cole. De seguro que cun pouquiño deste caldiño conseguimos un maior entendimento entre todos nós.

luns, 3 de febreiro de 2020

Día da Paz 2020

Este ano, para celebrarmos o día da Paz, gravamos un "Lipdub".
Estamos en proceso de montaxe do vídeo, mais polo de agora podedes ver unhas imaxes do "Como se fixo" como adianto.
En breve poderedes velo. Seguide atentos ás vosas pantallas.













domingo, 2 de febreiro de 2020

Lecturas para o día da Paz e da non violencia

Desde a biblioteca do cole queremos recomendar ós nenos a lectura de diferentes títulos, moitos deles biografías, relacionados coa conmemoración do dia da Paz e da non violencia