luns, 31 de maio de 2021

  O alumnado de 3ª e 4ª de Educación Primaria fixeron un contacontos inglés-galego: "Clover: unha porquiña diferente", "Clover a different little pig" de Beatriz Cabaleiro.

A emotiva historia dunha porquiña chamada Clover que é de Irlanda do Norte e ten unhas peculiares manchiñas en forma de trevo. A mensaxe que se trasmite neste relato é que somos diferentes, pero iguais.

venres, 28 de maio de 2021

 O alumnado de 4º dentro dun proxecto interdisciplinar titulado Prehistoria, realizamos múltiples actividades : creamos o noso propio lapbook coa información desta época, puxémonos na pel das persoas do Neolítico facendo o noso propio telar e cerámica, construimos con plastilina os megalítos que construían na Idade dos metais, escribimos contos ambientados na Prehistoria, etc.

E como produto final..... montamos unha exposición e ofrecímoslles unha visita guiada aos nosos profes!

Non vos perdades o seguinte vídeo:

 Os nenos e nenas de infantil participaron nun contacontos bilingüe inglés-galego, titulado "A big dream", "un gran soño", de Felipe Ugalde, da editorial Kalandraka. O protagonista do conto era unha cría de crocodilo, que quería ser moi moi grande para comer o mundo. Queredes saber se o conseguiu? Non vos perdades o contacontos interpretado pola profe Mar e a profe Edel de Auxiliar de conversa, no seguinte vídeo:

 En 3º de Primaria, Mateo, Nahir, Yaiza e Ana prepararon unha pequena obra de teatro nas súas casas e representárona na hora de lectura. Desfrutade desta fermosa interpretación no seguinte vídeo:

xoves, 27 de maio de 2021

 Hoxe, tócalle a 6º de Primaria a quenda para escoller libros de autores e autoras homenaxead@s polas Letras Galegas.


luns, 24 de maio de 2021

 Polas Letras Galegas, o CEIP Feliciano Barrera toca e baila a ritmo de Muiñeira!!!

O alumnado de 5º de Primaria explícanos que é unha Muiñeira, un dos grandes símbolos de Galicia. Esta danza popular reflicte a tradición e cultura dos nosos antepasados campesiños, que bailaban esta danza acompañados da gaita. Xurdiron en torno aos muíños, mentres agardaban pola moenda, normalmente do millo ou trigo Pasou de xeración en xeración ata os nosos días. A súa forza e vitalidade fixo posible que chegara aos nosos días e que sexa coñecida no mundo enteiro. Se queredes saber máis vede o seguinte vídeo:

Desfrutade da maxia deste folclore, no seguinte vídeo, cos nenos e nenas, que esta semana rendiron un homenaxe á Muiñeira:

Hoxe, o alumnado de 4º de Primaria escolleu un libro dos homenaxead@s polas Letras Galegas, para ler esta semana.

venres, 21 de maio de 2021

 Para conmemorar a Xela Arias, homenaxeada este ano polas Letras Galegas, o alumnado de 3° de Primaria investigou sobre ela e plasmaron os datos nunha liña do tempo, na que identificaron, en orden cronolóxica os acontecementos máis importantes da súa vida e obra.



xoves, 20 de maio de 2021

 A escolla de libros de autor@s homenaxead@s polas Letras Galegas tocoulle onte a 1° e 2° e hoxe aos de 5° de Primaria. Desexamos que desfrutedes das lecturas!





martes, 18 de maio de 2021

Continuamos coas Letras Galegas cunha breve investigación sobre @s autores homenaxead@s.

Animamos @s moz@s lectores que as súas lecturas desta semana sexan libros de autores que foron homenaxead@s nas letras galegas. Hoxe escolleu libro o alumnado de 3° curso.


 No CEIP Feliciano Barrera lembramos a canción "En Galego", de fai 6 anos, no que participaron nen@s e mestr@s, letra composta por Alba Amoedo. Porque o galego é unha lingua tan boa como calquera, e seguimos rindo, xogando e aprendendo en galego.

 17 de maio 2021. Para a celebración do Día das Letras Galegas, poderemos ver, na biblioteca Leo León, a exposición de obras de autores homenaxead@s en distintos anos.


Queremos galego! Coa celebración deste día procuramos un uso igualitario do idioma galego e frear así o proceso de abandono da lingua galega. Resistímonos a deixalo morrer!

Deixámosvos unha fantástica canción de "A banda da Loba"; "Darío a diario", con letra dos poemas de Xela, adicada ás familias.
 Día Internacional da Familia. O 15 de maio celebramos o Día Internacional da Familia, unidade básica social na actualidade. Base e modelo de inicio e educación, lugar de acollida, de protección, de entorno seguro e de amor, que nos axuda a medrar e a desenvolvernos como persoas. Feliz Día, Familias!!!




luns, 17 de maio de 2021

Este mes de maio, a biblioteca achega as novidades tanto de libros como as revistas I Love English Junior, Caracola, Reportero Doc e O Papagaio.

O pasado 27 de abril conmemoramos no colexio o Día Internacional do Deseño Gráfico, tamén coñecido como Día Mundial da Comunicación. Para contribuír ao noso proxecto da Comunicación, fixemos dela unha ferramenta de valor social, creando un collage sobre o Deseño da Comunicación (3º curso) e carteis con diferentes linguaxes: braille (4º) e lingua de signos (Infantil). Tamén un taller de arte con Hervé Tullet (1º e 2º).