domingo, 27 de febreiro de 2022
sábado, 26 de febreiro de 2022
Venres de entroido 2022.
Que festa o venres! No cole estamos encantados e encantadas de ter, ao fin unha festa case normal. Agradecemos aos nenos, ás nenas e ás súas familias a súa participación, a súa colaboración e, sobre todo, a súa alegría!
venres, 25 de febreiro de 2022
Personaxes do Entroido.
Tódalas aulas de Primaria, traballaron unha personaxe do Entroido, protagonistas típicos de cada vila, dende os Peliqueiros de Laza, ás Pantallas de Xinzo ou aos Cigarróns de Verín.
Os Volantes portan unha máscara feita con papeis de periódico e un vistoso cinto con 25 campaíñas. Van acompañados polos seus defensores, os maragatos, que levan látego para afastar a quen lles interrompe a marcha.
xoves, 24 de febreiro de 2022
Xoves de entroido
mércores, 23 de febreiro de 2022
Mércores de Entroido
Neste mércores entroideiro rímonos cos disfraces na testa.
Día de Rosalía de Castro
Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta. O alumnado de 3º e 4º de Primaria, agasállannos cantando "Negra sombra", poema que representa a soidade, a angustia e a tristeza da súa autora, xa que sufriu moito durante a súa vida.
Negra sombra, pertence ao segundo libro de poemas en galego de Rosalía de Castro, Follas Novas, publicado en 1880. Foi musicado por Xoán Montes. Aquí a versión de Carlos Núñez e Luz Casal.
Negra sombra
Negra sombra que m'asombras,
Ô pe d'os meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu'ês ida
N'o mesmo sol te m'amostras,
Y eres a estrela que brila,
Y eres o vento que zóa.
Si cantan, ês tí que cantas,
Si choran, ês tí que choras,
Y-ês o marmurio d'o rio
Y-ês a noite y ês a aurora.
En todo estás e ti ês todo,
Pra min y en min mesma moras,
Nin m'abandonarás nunca,
Sombra que sempre m'asombras.
martes, 22 de febreiro de 2022
Martes de Entroido 2022
Hoxe houbo unha grande expectación coas coliñas que trouxemos, de tódolos tamaños e cores. Que divertido é cando todo o mundo participa!
Non vos esquezades de asistir ao desfile este venres, ás 10:30h e lembrade que mañá Leo León ordena traer algo na testa. Adiante a orixinalidade!
luns, 21 de febreiro de 2022
Luns de entroido
domingo, 20 de febreiro de 2022
TERCEIRAS QUENDAS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas continúan de viaxe, fomentando a lectura con historias e viaxes fantásticas! Agardan ese contacto colaborativo coas familias e os lectores e lectoras da Biblioteca Leo León, que de seguro desfrutarán nas súas casas.
sábado, 19 de febreiro de 2022
Novo proxecto en 5º de Primaria.
O alumnado de 5º de primaria tivo unha experiencia moi agradable ao estudar as comunidades e as provincias de España. A profe Tamara deseñou unha viaxe pola xeografía española, baseada na investigación: climas, bandeiras, linguas oficiais, bailes tradicionais, pratos típicos... e atrevéronse coa muiñeira!
venres, 18 de febreiro de 2022
Mandadiño luns de entroido
Chega o entroido ao cole e como cada ano, ao longo desta semana, Leo León ordena cumprir cos seus mandadiños. Este luns...
"Se o luns queres lucir, cos pantalóns do revés terás que vir".