xoves, 24 de marzo de 2022

A maleta dos océanos.

Que ilusión ensanchar un pouco as nosas fronteiras e cruzar os límites do centro, despois dun tempo de moi pouco saír!
5º e 6º de Primaria asistiron a unha exposición na Biblioteca Municipal chamada "A maleta dos océanos", enmarcada dentro do extenso programa de actividades da Semana da Ciencia.
A "Maleta dos océanos", promovida pola Universidade e a Deputación de Pontevedra e dirixida aos centros de ensino da provincia, é unha proposta educativa que busca achegar o papel das mulleres do mar. Tamén garda unha estreita relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, ao ter relación coa educación de calidade, igualdade de xénero e a vida submarina. 
As propostas didácticas levan por título: Planeta azul, Océanos en perigo, Mulleres redeiras, da salga e da conserva, O marisqueo a pé, investigadoras mariñas e Educación para a sustentabilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario