venres, 28 de decembro de 2018

A nosa árbore de Nadal

Mirade como luce a nosa árbore de Nadal na biblioteca do cole. Leo León está moi contento e feliz porque habedes colaborado todos os nenos e nenas do cole. Neste vídeo podedes ver a cantidade de adornos de Nadal que se poden facer cun roio de papel hixiénico e moita imaxinación. Noraboa a todos.

martes, 4 de decembro de 2018

25 de novembro de 2018: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Para conmemorar este día os nenos de 5º curso representaron o conto titulado Pepuka na biblioteca do cole.
Logo todos xuntos cantamos a canción de Rozalén "La puerta violeta" e rematamos coa representación no patio da escola dun lazo violeta coa participación de todo o alumnado e do profesorado
Violencia de xénero from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

luns, 19 de novembro de 2018

Caixas viaxeiras

Un ano máis, Leo León quere compartir con todos vós unas caixas viaxeiras cargadas de contos.
Estes son de diferentes temáticas : violencia, bulling, igualdade, diversidade, dereitos humanos... Todos eles levan unha pequena mensaxe. Disfrutade moito con estes contos!!









mércores, 14 de novembro de 2018

Día das bibliotecas escolares: "Que é para ti a biblioteca do cole?

Este ano, para celebrar o día das bibliotecas escolares, o 24 de outubro, as familias gravaron aos nenos explicando que era para eles a biblioteca do cole. A participación foi moi alta e as aportacións moi interesantes. Grazas familias pola vosa participación unha vez máis.

Que é para ti a biblioteca? from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

venres, 9 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018

Bo día !!! Deixámosvos o vídeo dos nenos cas manualidades que trouxeron ao cole. De novo moitas gracias por colaborar. Un saúdo.

mércores, 7 de novembro de 2018

Decoramos o cole en Samaín

Grazas aos nenos e ás familias, o cole transformouse nun sitio monstruoso e terrorífico para celebrar o Samaín.

sábado, 27 de outubro de 2018

UN MUNDO DE XOGOS

Comezamos xa coas exposicións do proxecto deste curso: "O XOGO".
Desta vez, os primeiros en expoñer foron os nenos e nenas de segundo co seu proxecto "UN MUNDO DE XOGOS".
Aquí vos quedan unas fotos.





luns, 22 de outubro de 2018

A inauguración da biblioteca

Durante unha semana, os axudantes de biblioteca fixeron de anfitrións para a inauguración desta. Primeiro acudiron o luns os nenos de infantil, aos que lles presentaron á nosa mascota Leo León, ensináronlles todo o que deben coñecer da biblioteca e contáronlles un conto. O martes os axudantes convidaron os nenos de 1º e 2º de primaria e ademais de explicarlles moitas cousas fixéronlles un pequeno circuíto polos diferentes andeis e temáticas, polos computadores, polo andel dos xogos e pola mesa e computador de préstamos. O mércores os axudantes recibiron aos nenos de 3º e 4º e o xoves aos de 5º e 6º. O venres reunímonos todos xuntos e cun vídeo e unha canción formalizamos a inauguración da biblioteca esperando que sexa un curso cargado de contos e historias fantásticas para todos.

Vídeo resumo da inauguración de biblioteca from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

xoves, 20 de setembro de 2018

E este ano... Radio Leo León!

Por si, este ano queremos encamiñar o proxecto de Radio Televisión Leo León á maxia da radio.

O pasado ano 2017-2018, case todos os docentes do colexio participamos nun proxecto de formación en centros de traballo arredor do emprego de dispositivos móbiles na aula.


E para amosar o muito que aprendemos, realizamos uns pequenos boletíns radiofónicos diarios realizados polo alumnado de 5º e 6º curso a modo de proba. Desde xaneiro a xuño.

Fixéronnos só coa axuda dunha tablet de forma autónoma. Preparaban os contidos, gravaban, editaban e subían á rede os programas.

Todas as familias puideron escuitar os boletíns desde os seus móbiles ou tabletas diariamente.

Finalmente, este ano queremos aumentar a calidade dos programas e a súa duración.
Aquí tedes os boletín do ano pasado. Preme na imaxe!






mércores, 5 de setembro de 2018

Radio Televisión Leo León

Premendo na imaxe, podes acceder a todos os vídeos realizados nos dous últimos cursos. dentro do proxecto Radio Televisión Leo León. Foron ducias de traballos!






A gravación e montaxe da maioría das producións correu a cargo do alumnado do colexio.



sábado, 16 de xuño de 2018

"Os nosos avós, a nosa historia"

Un fermoso proxecto levado a cabo polo alumnado de 2º e 4º de E.P. en colaboración coas familias. Lección de vida e emotiva viaxe ao pasado de Guláns.

xoves, 14 de xuño de 2018

O NOSO XORNAL ESCOLAR

Xa está aquí o xornal escolar do curso 2017/2018!!!  Foi elaborado grazas ao traballo do equipo de reporteiros e redactores formado polo alumnado de 6º de E.P. A verdade é que son uns grandes profesionais. Para eles, resultou toda unha experiencia participar na iniciativa educativa do FARO DE VIGO.
Botádelle unha ollada e enterádevos do que sucedeu no noso cole este curso!!! ;)

luns, 4 de xuño de 2018

GUADI GALEGO

Na porta da nosa aula, dende o día da muller, temos unha placa co nome de Guadi Galego, así que os nenos e nenas de 2º ímosvos contar quen é Guadi Galego.
Esperamos que vos guste o vídeo.

GUADI GALEGO from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

Maruja Mallo

Este é o traballo que fixeron os nenos de cuarto sobre a pintora Maruja Mallo. Traballaron por equipos e implicáronse moito. Gustoulles moito ir descubríndo as diferentes facetas desta gran artista
4º: Maruja Mallo from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

Curtas creativas

Os nenos de cuarto fixeron unas curtas empregando as tablets e diferentes aplicación. Eles traballando por equipos escribíronas seleccionaron as iconas, gravaron as voces e aquí tedes o resultado

CURTAS from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

xoves, 24 de maio de 2018

mércores, 23 de maio de 2018

Os caligramas nas letras galegas

Dentro das actividades programadas para as letras galegas, a proposta da biblioteca foi a realización de caligramas polos nenos con textos de Mª Victoria Moreno. Ademais de gustar moito aos nenos a biblioteca quedou preciosa con eles colgados. Non hai fotos de todos pero podedes visitar a biblioteca do centro.

As letras galegas

Aquí deixámosvos o cartel das actividades que realizaremos no cole na semana das letras e 4 libros que vos recomendamos da homenaxeada neste día, Mª Vitoria Moreno

venres, 27 de abril de 2018

luns, 16 de abril de 2018

CIENCIA OU ARTE?

Na semana da ciencia, os nenos e nenas de 2º estivemos facendo na nosa clase algúns experimentos científicos.
Coa axuda da mestra e dun compañeiro axudante, cada un de nós preparou o seu propio experimento para presentalo ao resto da clase.
Algúns foron tan fermosos que parecía máis unha obra de arte que un experimento.
Aquí vos deixamos os vídeos para que os vexades e para que poidades facer algún dos experimentos nas vosas casas se queredes.
Pero recordade que é mellor facelo sempre coa axuda dun adulto.

mércores, 4 de abril de 2018

Semana da poesía

Unha chea de poesías voan sobre as nosas cabezas na biblioteca. Que é poesía? poesía é máis que palabras, oracións e rimas. Poesía é falar co corazón na man, poesía é expresar os sentimentos ao máximo, facer que a corrente de sentimentos se apodere do teu corazón

mércores, 14 de marzo de 2018

Visita ó Parlamento de Galicia e á cidade de Composterla

Co gallo de nosa excursión a Compostela, o noso centro visitou o Parlamento e tivemos a sorte de ter unha recepción cos parlamentarios ó ser o noso centro o primeiro en inaugurar o programa de visitas escolares.
No hemiciclo do Parlamento de Galicia

domingo, 11 de marzo de 2018

Exposición en Ponteareas

Gozade desta exposición que ademais dos cadros de Rosa Mª Vázquez Estévez está chea de composicións feitas polos nenos do cole para celebrar o día da muller, valorando cada un deles a esta desde o seu punto de vista. Bravo nenos

mércores, 7 de marzo de 2018

Exposición da pintora Rosa Mª Vázquez Estévez no auditorio de Ponteareas

Se vos apetece visitar os traballos dalgúns alumnos/as do noso cole xunto coas obras desta pintora non dubidedes en achegarvos ao auditorio.
. Desculpade o retraso na organización por motivos alleos a nosa competencia.

martes, 27 de febreiro de 2018

Marcapáxinas de Rosalia de Castro

O día de Rosalía de Castro celebrámolo todos xuntos na biblioteca facendo uns marcapáxinas moi bonitos que levaban o poema "Adios ríos adios fontes"

Radio Televisión Leo León

Segundo programa de Radio Televisión Leo León, 26-2-2018. from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

Segundo programa de Radio Televisión Leo León. Proxecto anual do Equipo de Biblioteca e de Dinamización Lingüística do colexio público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).
As gravacións corren a cargo do alumnado e, paseniñamente, están a idear, planificar, estruturar, gravar e editar todo o proceso de cada programa ao longo do curso 2017-2018.

xoves, 8 de febreiro de 2018

Mandadiño xoves


Que ben mandadiños sodes,
cantos debuxos animados viñeron hoxe a noso cole!!



 

 

 

mércores, 7 de febreiro de 2018

domingo, 4 de febreiro de 2018

Mandadiños do Entroido!

Máis unha vez chega a festa a Guláns: o noso tradicional Entroido xa está en marcha.

Este ano, máis moderno que nunca.Os Mandadiños chegan a través de boletíns radiofónicos e polas ondas da internete.

O primeiro, o Mandadiño do luns, pódelo escuitar aquí:


sábado, 3 de febreiro de 2018

Celebramos o día da Paz

Para celebrar o día da Paz fixemos algúns murais nas aulas

30 de Xaneiro: Día Escolar da non Violencia e da Paz

Como xa vos adiantamos fai uns días celebramos o día Escolar da non Violencia e da Paz con varias actividades moi bonitas e cargadas de emocións, e contando coa participacion de todos o alumnos e profesores do centro.

mércores, 31 de xaneiro de 2018

O escritor Xavier Estévez visitou a nosa biblioteca

O escritor Xavier Estévez visitou a nosa biblioteca e falou animadamente cos alumnos de 4º, 5º e 6º. Ademais contoulles como xurdiu nel a súa aficción por escribir libros e animoulles para que seguisen os seus pasos. Os alumnos gozaron moito con el. Por último Xavier dedicoulles un libro.

luns, 29 de xaneiro de 2018

Día Escolar da non Violencia e da Paz


Mañá 30 de xaneiro celebramos todos xuntos o Día Escolar da non Violencia e da Paz.
Ao longo da mañá teremos no cole diferentes actividades para conmemorar todos xuntos este día.
- Curtas adicadas á Paz, na biblioteca do centro.
- Lectura das mensaxes escritas por todas as aulas para encher as botellas que viaxarán polo noso mar de Paz e que decorará a nosa biblioteca a partir de mañá en forma de mural.
- Lectura dunha receita moi especial cuns ingredientes moi especiais.
- E remataremos cunha preciosa canción que aprendemos ao longo dos últimos días: "conta conmigo".
Será una mañá moi especial.