venres, 29 de marzo de 2019

domingo, 24 de marzo de 2019

En abril ... libros mil

Anímate e participa no concurso de carteis para a semana do libro. Esta será do 23 ao 30 de abril.
Os carteis estarán expostos na biblioteca e outros lugares do cole. É importante que respectedes a data de entrega do cartel. Xa sabedes, buscade unha frase orixinal para animar aos nenos do cole para ler. Data límite de entrega o 8 de abril.


luns, 18 de marzo de 2019

Semana da poesía

 

Xogos de mesa

Os nenos de 6º de primaria fixeron un proxecto sobre os xogos de mesa, que forma parte do proxecto  proposto pola biblioteca do cole titulado "os xogos" e que se  leva a cabo nas diferentes aulas. Despois do proxecto os nenos xugaron durante os seguintes 7 días cos demais nenos do cole ensinándolles a xogar aos diferentes xogos.
 
 

Resumo fotográfico da semana da muller e da prensa

Día da muller e semana da prensa


 
Para conmemorar o día da muller e a semana da prensa, leváronse a cabo una serie de actividades ao longo da semana. Nelas os nenos fixeron de reporteiros e entrevistaron ás nosas convidadas ao final das súas exposicións. Foi una semana moi interesante para todas e todos.
Este foi o programa.

sábado, 16 de marzo de 2019

Entroido na biblioteca

Ao longo de dúas semanas estivemos decorando antifaces na biblioteca. Utilizamos pinturas, rotuladores, pompóns, plumas, corazóns e moita moita brillantina. Gozamos moito nos recreos

martes, 12 de marzo de 2019

Día da árbore

Hoxe en San Cribrán aprendemos o valor das árbores nas nosas vidas e  plantamos pradairos, nogueiras, carballos e bidueiros.
Ademais, a cada árbore puxémoslle o nome dunha muller científica.
Por un monte vivo!


Día da árbore from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

venres, 8 de marzo de 2019

"Pepuka e o monstro que lle roubou o seu sorriso"

O alumnado de 5º de primaria da Escola Pública Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas), comprometido contra a violencia machista, transmite unha mensaxe de esperanza e apoio a todas as mulleres que algún día perderon o seu sorriso, a través da representación da adaptación do libro "Pepuka y el monstruo que le robó su sonrisa" de Estela Moreno, autora á que tiveron a sorte de coñecer e disfrutar no centro.

Pepuka e o monstro que lle roubou o seu sorriso from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

Entroido 2019

Dentro do proxecto anual de centro e da biblioteca "Os xogos", aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica da celebración do Entroido na nosa escola.
Vídeo do Entroido! from Radio Televisión Leo León on Vimeo.