Exposición de libros na biblioteca coa temática da Paz.
Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
mércores, 31 de xaneiro de 2024
martes, 30 de xaneiro de 2024
Obradoiro: Música pola Paz
Onte a biblioteca do Feliciano Barrera converteuse no escenario dunha preciosa actividade: Música pola Paz.
Da man de Ana Belén e Carla; da aula de Música Pianagrama, de Mos; viaxamos a través do movemento, do baile, do canto… Tanto os máis pequenos e pequenas, como os maiores do colexio, gozaron moitísimo coa vosa proposta.Moitas grazas pola visita!
#pianagrama
luns, 29 de xaneiro de 2024
Podcast sobre os avós e avoas en 4º de primaria
mércores, 17 de xaneiro de 2024
Club de Lectura, aventura coas mans.
Os Clubs de Lectura do cole están realizando diferentes manualidades divertidas e útiles do seu libro, para fomentar a lectura e o amor polos libros. Así temos o xogo da Oca, o xogo Extra Pavo, personaxes, aparellos que aparecen no conto, a caza das estrelas polo universo, manualidades proxectadas coa mesa de luz, maquetas e escenarios. Toda unha chea de sorpresas!
O alumnado de 5º de Primaria explícanos o seu traballo do libro "As peripecias de Extravaganza Pérez" no
seguinte vídeo:
O resultado non puido ser mellor.
martes, 16 de xaneiro de 2024
NOVIDADES DE XANEIRO 2024
Leo León está moi concienciado co cambio climático e propóñenos diferentes lecturas que abordan esta temática, así podemos ter ideas para salvar o planeta, como reciclar, protexer os bosques, coñecer os animais que están desaparecendo.
Tamén nos trae un gran libro sobre as emocións e o Emocionómetro do Inspector Drilo.
De cómic, amósanos un libro no que a muller é a protagonista
: “Irene, a porteira”. As letras galegas de 2024 tamén están adicadas a unha
muller, Luísa Villalta. Para coñecela, achegamos dous libros: “Melodía de
palabras” e “Alma de violino”.
Agardamos que desfrutedes coas lecturas do Ratonciño Pérez e
Son un artista, e coas revistas I love English, Caracola e Reportero Doc.
luns, 15 de xaneiro de 2024
mércores, 10 de xaneiro de 2024
martes, 9 de xaneiro de 2024
Nadal na biblioteca
A bilioteca luciu moi bonita grazas á axuda de todo o alumnado do cole que fixo posible todos os adornos da árbore de Nadal.
luns, 8 de xaneiro de 2024
Agasallos do Elfo de Guláns e Leo León.
Sorpresa!!!
Así da gusto volver das vacacións. Desde 4º de Infantil ata 6º de Primaria, tódolos nenos e nenas do colexio recibiron unha bonita sorpresa. Nas aulas atoparon agasallos para compartir: xogos, quebracabezas, materiais para manuealidades... O Elfo de Guláns e Leo León aliáronse para ofrecer un último escintileo de maxia este Nadal. Comezamos o ano con moita enerxía!