mércores, 9 de marzo de 2022

8 de marzo, Día da Muller 2022 e Semana da Prensa.

Igual: Adxectivo. (Persoa, cousa) que ten o mesmo valor, dimensión, estrutura, natureza, calidade, etc., que outra. Esta é a definición que a Real Academia Galega ofrece para a palabra igual, tan sinxela e complicada ao mesmo tempo. Este día, un ano máis, tinguimos o colexio de violeta para defender a igualdade entre nenos e nenas e lembrar que aínda existen demasiados lugares onde ser muller supón unha desvantaxe. 

Este ano centramos as actividades en dar visibilidade ás achegas das mulleres ao longo da historia e na súa aparición na prensa escrita.  Para iso mercáronse diferentes xornais para as aulas. No seguinte vídeo podedes ver os diferentes murais feitos en Infantil e Primaria, un traballo de biografías de mulleres relevantes, as mulleres da miña vida en Infantil e o conto de Rosa Caramelo, os lazos cor violeta que luciron todos e todas no colexio.

Nas seccións bilingües reivindican o Día da Muller vitoreando: "International Women's Day!".

Na biblioteca expuxemos diferentes libros para conmemorar o día da Muller. Chegounos como novidade: Galegas na ciencia.

No Club de Lectura de 6º, abordamos a lectura de "Trampa de lume", baseado na historia real do incendio da fábrica téxtil Triangle de Nova York, no ano 1911. No incendio morreron 146 persoas, case todas mulleres. Este feito supuxo a loita das mulleres por un traballo digno e a conmemoración do 8 de Marzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario