Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "A radio". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "A radio". Amosar todas as publicacións

martes, 9 de abril de 2024

LUZ Y SOMBRA

"Luz y sombra"é o título do poema de Tere Acosta que recita para nós o alumnado de 4º de primaria.
E un texto moi fermoso que fala das dificultades para comunicarse e relacionarse que atopan, nos casos máis severos, algunhas persoas con autismo. Pero non só fala de dificultades; tamén fala de pontes, de tradutores, de mapas para entendernos... En fin, unha beleza de traballo!
Animámosvos a escoitalo.  

domingo, 7 de abril de 2024

Comprendendo o autismo

 Os nenos e nenas de 3º de primaria, fixeron un gran traballo sobre o autismo. É un traballo cargado de empatía , solidariedade e respecto





domingo, 24 de marzo de 2024

Día mundial da poesía

Os nenos e nenas de 2º de primaria recitaron un precioso poema de Eduard Velasco, ademais de realizar unhas fermosas ilusr¡tracións de dito poema.


martes, 12 de marzo de 2024

Mulleres na radio

  O alumnado de 3º de primaria investigou sobre a vida dunha xornalista das de verdade. Unha muller que comezou a traballar na radio con só dezaoito anos. Directora e presentadora en Radio Nacional de España. Gañou dous premios Ondas, dous Micrófonos de Prata e un Micrófono de Ouro… entre outros moitos galardóns. Todo un exemplo de comunicación de calidade.

Pepa Fernández



venres, 23 de febreiro de 2024

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

Hoxe conmemoramos o día de Rosalía de Castro, poetisa e novelista galega. Criouse nun ambiente rural onde aprendeu o idioma galega, os seus costumes e moito da cultura galega que máis tarde recollería nas súas obras. Ela devolveu a dignidade ao pobo galego, que xa nunca máis esqueceu os seus costumes e tradicións.
Os nenos e nenas de 3º de primera fixeron unha pequena homenaxe a Rosalía a través dun videopotcast







 

domingo, 4 de febreiro de 2024

Radio Guáns: Frases pola Paz: 1º de primaria

Este curso temos como proxecto: "A Radio". Para celebrar o día da non violencia e da Paz traballamos   podcast e videopodcast baixo o lema "Frases pola Paz. Aquí tedes o traballo de 1º de primaria


 

venres, 2 de febreiro de 2024

Radio Guláns: Frases pola Paz: Infantil

Este curso temos como proxecto: "A Radio". Para celebrar o día da non violencia e da Paz traballamos   podcast e videopodcast baixo o lema "Frases pola Paz. Aquí tedes o traballo de infantil



 

luns, 29 de xaneiro de 2024

Podcast sobre os avós e avoas en 4º de primaria

Os nenos e nenas de 4º de primaria fixeron un gran traballo de investigación sobre a vida dos seus avós e avoas. Aqui tedes as conclusións

xoves, 30 de novembro de 2023

A pantasma Antón

En cuarto de primaria aproveitaron a conmemoración do 25N para falar de igualdade, concretamente de igualdade á hora de encargarse das tarefas do fogar. Para iso recitaron, ilustraron e traduciron o poema “El fantasma Antonio”, de Carmen Gil. É importante dar ás tarefas domésticas o valor que teñen, sexas home, muller ou pantasma… que o castelo non se limpa só

A dragoa Sixta

Este é poema que traballaron en 3º de Primaria para a actividade “Rimas pola Igualdade”, pola conmemoración do 25N. A mensaxe principal que quixeron transmitir é que o deporte, en xeral, e o fútbol, en particular, non saben nin de xénero nin de sexo.

mércores, 29 de novembro de 2023

20 de novembro. Día mundial da infancia

 Todas as nenas e nenos elaboraron nas súas aulas unhas caixas que fan mención a diferentes dereitos da infancia. Adornáronas e agora despois dun gran traballo en equipo, gozan con elas durante os recreos na biblioteca de Leo León.

Presentamos os libros coa temática do Día da Infancia:
Educación infantil cóntanos nun podcast o libro "Ti importas" de Christian Robinson:

sábado, 11 de novembro de 2023

PODCAST TERRORÍFICO: Guláns en ruinas

 O alumnado de sexto, dentro do proxecto de radio, grabou o seu primeiro podcast polo día de Samaín.



https://drive.google.com/file/d/1yOx-yg3Vh9XMIHqnYDAOHMnJA0B8eW85/view?usp=sharing

xoves, 9 de novembro de 2023