venres, 28 de decembro de 2018

A nosa árbore de Nadal

Mirade como luce a nosa árbore de Nadal na biblioteca do cole. Leo León está moi contento e feliz porque habedes colaborado todos os nenos e nenas do cole. Neste vídeo podedes ver a cantidade de adornos de Nadal que se poden facer cun roio de papel hixiénico e moita imaxinación. Noraboa a todos.

martes, 4 de decembro de 2018

25 de novembro de 2018: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Para conmemorar este día os nenos de 5º curso representaron o conto titulado Pepuka na biblioteca do cole.
Logo todos xuntos cantamos a canción de Rozalén "La puerta violeta" e rematamos coa representación no patio da escola dun lazo violeta coa participación de todo o alumnado e do profesorado
Violencia de xénero from Radio Televisión Leo León on Vimeo.