Este ano, o proxecto do cole é "O cine", e andamos moi atarefados facendo en cada aula un curto que logo estrenaremos nunha gran sesión de cine. Como non pode faltar nada, tamén precisamos unha mascota. Os alumnos e alumnas de 4º de primaria debuxaron diferentes mascotas e o resto do cole votou para elixir unha. Aqui tedes todas as mascotas que se deseñaron
venres, 27 de xaneiro de 2023
luns, 23 de xaneiro de 2023
O relevo de España
Os nenos e nenas de 4º de primaria levan uns días aprendendo o relevo de España, máis concretamente os ríos, montes, cordilleiras, depresións... Para iso, elaboraron un mapa de España facendo os distintos relevos en barro. Deixárono secar, pintárono e levárono a casa para estudar con el. Ademais utilizaron unha páxina web destinada a xogos interactivos relacionados co relevo. Así que utilizaron varios formatos para estudar dunha maneira máis amena. Os resultados foron moi bos
domingo, 15 de xaneiro de 2023
A nova biblioteca de Leo León
Este curso, a nosa biblioteca cambiou moito. Grazas ao programa de innovación educativa Polos Creativos e a súa dotación, a biblioteca renovouse xa que esta foi o espazo elexido para levar a cabo dito programa, dotándoa dun equipamento especializado, cun deseño modular e innovador, e organizado didacticamente para o fomento da creatividade e a formación do alumnado nun contexto de aprendizaxe competencial.
Os nenos e nenas gozan moito dos novos espazos e do novo equipamento da biblioteca. Esta ademais, ampliouse un pouco pola parte trasera srvindo nun futuro de espazo de almacenamento de material e para disfrute dos nenos e nenas, ademais de posibles exposicións.
O universo Harry Potter
O martes chegou á biblioteca un mini Hogwarts feito de cartón, silicona e moito traballo. Ata que dure estará a encher de maxía a biblioteca e o poderán gozar os nenos e nenas nas horas de recreo
Agasallo de Nadal a todas as aulas na biblioteca
Sorpresa na árbore de Nadal da biblioteca. Leo León e o Elfo de Guláns non se esqueceron de nós: cada curso ten un novo xogo de aula!
Nadal na biblioteca
Este ano a nosa biblioteca estrenou decoración. Primeiro, os nenos e nenas de todo o cole adornaron a árbore con bolas feitas de diferentes materiais , formas e tamaños. Despois mercamos unha variada decoración de Nadal que fixo as delicias de todos os nenos e nenas. A nosa biblioteca está a converterse nun lugar moi cálido, cheo de cor e moi divertido onde aos nenos e nenas lles encánta reunirse a xogar, falar e ler.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)