luns, 20 de xuño de 2022

O libro das emocións

 

Do mesmo xeito que este curso, todos os proxectos chegan ao seu fin. Tamén o Contrato Programa Emocióna- T, que tantas alegrías, tristezas, medos, amores e demais nos trouxo este ano.
En segundo de educación primaria cada neno e cada nena levou para a casa un libro resumen do proxecto: As miñas emocións. Foi un gran traballo e esperamos que lles axude a recoñecer e xestionar os seus distintos estados emocionais no día a día.

luns, 13 de xuño de 2022

Convivencia na Bouzavella

 

Convivencia na Bouza Vella.
Que ben o pasamos o venres! Estabamos a desexar poder ter un día así: todas e todos xogando, rindo, bailando, compartindo… Todo saíu ben, en gran parte, pola gran axuda recibida: Protección Civil acompañounos na andaina, garantindo a nosa seguridade; a ANPA contratou unha empresa de animación, Enredos, que se meteu ás pequenas e pequenos no peto desde o principio; as familias adaptaron os seus horarios e medios para poder recoller aos nenos e nenas no propio parque e a unha hora diferente…
A todas esas persoas que nos fixeron a vida máis fácil: MOITAS GRAZAS!!!



xoves, 9 de xuño de 2022

CONVITE AO FESTIVAL FIN DE CURSO

 Quedades tod@s convidad@s ao festival de fin de curso e ás graduacións de 6º de Infantil e 6º de Primaria, o próximo mércores 22 de xuño, ás 10:30 na Avisoureira. Despois do festival teremos un pequeno almorzo para todas e todos.

martes, 7 de xuño de 2022

VI Campionato de Xadrez CEIP Feliciano Barrera.

Celebrouse o Torneo de Xadrez, no segundo e terceiro trimestre, dentro das actividades complementarias de educación física e a semana pasada terminou. Participou o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e amosáronnos as súas habilidades.  O xadrez estimula habilidades de razoamento, anticipación, concentración, resolución de problemas, toma de decisións... Parabéns a Diego de 6º (Subcampión) e Martín de 5º (Campión) e parabéns para tódolos participantes polo ben que xogaron e o espírito de deportividade amosado.



domingo, 5 de xuño de 2022

Música e baile no patio.

 Xá se respiran vacacións próximas no patio do Feliciano Barrera.

Mañá de golf

 O alumnado de 5º de Primaria estivo no campo de golf de Mondariz, aprendendo regulamento e técnica deste deporte. Foi organizado polo profe Óscar, entro do programa Xogade.

venres, 3 de xuño de 2022

Recolección.

 Non hai froita tan saborosa como a que un colle da árbore. En segundo de Primaria puideron comprobalo recollendo os primeiros nísperos da temporada co profe Óscar.


xoves, 2 de xuño de 2022

Club de Lectura: Quokka Moka

 Continuamos cunha nova lectura: Quokka Moka. Novela que ten como protagonista, unha especie de marsupial en perigo de extinción, calificado como "o animal máis feliz", porque sempre sorrí, pase o que pase. A verdade é que a súa situación na vida real non é para sorrir. Tivo que acabar coa súa especie para deixar de ser tan egoísta. Esta simpática historia faravos rir do comportamento tan absurdo da quokka.

mércores, 1 de xuño de 2022

Novidades de xuño.

Últimas revistas e libros da biblioteca, neste curso. 


O recuncho de "Libros escritos por nós" foise completando cos libros elaborados polo propio alumnado ao longo do curso.É un recuncho moi especial que aos nenos e nenas lles encanta visitar.