Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de outubro de 2025

FESTA DE OUTONO 2025


 

Temos tempo chuvioso, ventoso e desapracible... Ideal para a noite de Samaín!!!
Esta noite comezaba un novo ano para os antigos celtas. Crían que, por unhas horas, vivos e mortos habitaban un mesmo mundo. Quen sabe...
No colexio onte acabaron as festas de outono. Acabaron unhas semanas nas cales, ao redor do Samaín e do tradicional Magosto, construímos unha chea de aprendizaxes. Literatura, música, plástica... cunha emoción protagonista en todos os traballos: o medo.
Por suposto, en lingua inglesa e plástica bilingüe, os nenos e neas traballaron o vocabulario e as tradicións dunha festa prima irmá do Samaín: Halloween.
Por último, aproveitamos a ocasión para dar as grazas ás familias que onte se achegaron ao colexio para asar as castañas no noso Magosto. Grazas, grazas e grazas!!!

 

venres, 24 de outubro de 2025

Festa de outono

Estade ben atentos e atentas, porque chega a festa de outono e temos cousiñas interesantes no cole ...

sábado, 9 de novembro de 2024

venres, 8 de novembro de 2024

Magosto

O mércores viñeron oito chicos de Malí para celebrar con nós o magosto.

Xogaron con nós aos xogos do magosto e logo comemos castañas, xogamos ao fútbol e ao baloncesto cos oito rapaces de Malí. Tamén lles ensinamos un pouco o noso cole e practicamos algo de castelán e inglés.

Pasámolo xenial cos mozos de Malí e estamos desexando que volvan!

martes, 5 de novembro de 2024

FESTAS DE OUTONO

 


Tres días intensos os da semana pasada: obradoiros de maquillaxe, exposición de cabazas, lecturas conxuntas no patio, xogos con luz negra e unha chea de historias antigas e novas á luz das candeas...
Como broche final: "o mellor Magosto da miña vida", como dixeron, literalmente, na clase de sexto de primaria.
Tivemos o privilexio de rebibir a uns invitados excepcionais: 8 rapaces procedentes de Mali que viven actualmente no Centro de Emerxencia para Persoas Migrantes de Mondariz Balneario. A cambio de mostrarlles unha parte da nosa cultura recibimos moito máis: amabilidade, simpatía, xogos novos e unha man marabillosa á hora de tratar aos nenos e nenas. Esperamos que a experiencia fose para eles tan bonita como para nós.
Ademais, por se todo iso fose pouco, despois de anos chuviosos e nubrados, puidemos celebrar o noso magosto á luz do sol. 


venres, 3 de novembro de 2023

venres, 4 de novembro de 2022

Festa de outono

 Aquí vai o vídeo coas cabazas, contos, maquillaxes, castañas e xogos da nosa festa de outono!




xoves, 20 de outubro de 2022

FESTA DO OUTONO

Que comece a festa!!! A semana que vén comezan as actividades programadas para as Festas de Outono. 


Cinco días terroríficos de Samaín e venres de Magosto. Contos, cancións, xogos populares, decoración de cabazas… Unha chea de cultura e de tradicións para amar e conservar. 












Pasarémolo de medo!!!