domingo, 13 de marzo de 2022

Arts and Crafts.

 Os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria dedicaron esta semana de Plástica Bilingüe a unha actividade chamada "Paper weaving". Trátase dunha tarefa de artesanía na que se "tecen" tiras de papel para crear novas texturas e patróns de cor. É moi típica de artesanía tradicional coreana e xaponesa. Os proxectos poden ser moi simples e tamén moi complexos, polo que a actividade adáptase perfectamente ás distintas idades. Os nenos e nenas desenvolven a destreza e coordinación e repasan vocabulario acerca de cores e patróns en inglés. Tamén este tipo de actividades son relaxantes e favorecen a concentración. Comezamos no proxecto de centro coa CALMA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario