martes, 25 de abril de 2017

A fanfarria do León

17 A fanfarria do Léon from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
"Mannequin-challengue" do alumnado de 4º de primaria. Gravado na biblioteca Leo León do colexio público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas) o 25 de abril de 2017.

En abril... libros mil

Martes 25 de abril. Libros ao patio. Cada 3 ou 4 nenos compartindo os seus libros
LIBROS AO PATIO from Cristina on Vimeo.

luns, 24 de abril de 2017

En abril... libros mil

Luns 24 de Abril. Os libros no cine. Proxección de curtas para infantil, 1º e 2º. "Argine e "The joy of  books" e "Leer cuenta mucho". Venres 28 de abril para 3º, 4º, 5º e 6º. "Argine" e "Paperman".

domingo, 23 de abril de 2017

I Feira do Libro de Guláns

16 "I Feira do libro de Guláns" from CEIP Feliciano Barrera on Vimeo.
"I Feira do libro de Guláns".
Do 24 ao 28 de abril de 2017.
Coa participación das Librarías: Milfollas, Ledo, Casa Pepe, Papiros, Y la luz se hizo, A nube máxica e Don Papel.
Coa colaboración da ANPA.
Colexio Público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).

venres, 21 de abril de 2017

xoves, 20 de abril de 2017

mércores, 19 de abril de 2017

En abril... libros mil

Mércores 19 de abril. Os libros no cine. Proxección de dúas curtas na hora da lectura: - Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore - Ler non é clandestino Para Infantil, 1º e 2º de primaria. O venres será para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria

sábado, 1 de abril de 2017

Excursión a Ponteareas!

Todo infantil e 1º de primaria fomos de excursión a Ponteareas, onde fixemos dúas actividades.

Saímos ás 9:30 horas. Ás 10 horas, visitamos a biblioteca pública municipal. Percorremos as súas instalacións, as diferentes salas de lectura, coñecemos como se clasifican os libros e nos contaron dous contos: "Os tres chivos Chivóns" e "Soños de algodón".
Ademais,  demos un paseo polo museo: petróglifos, restos prehistóricos, da Idade Media e da Moderna. Encantounos un camión de bombeiros de hai un século e unha maqueta do castelo de Vilasobroso. Depois de merendar estivemos un anaco nun parque que hai ó carón da biblioteca.

Ás 12 horas, no Multiusos Reveriano Soutullo, asistimos á respresentación teatral "Feo!" da compañía Caramuxo Teatro. Inspirada en "O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen, a historia transcorre nuha fábrica de parrulos de goma “Il Papero Giallo”. Saen cada día centos de parrulos, ata que un día aparece un parrulo diferente...  
"Feo!" é un canto á pluralidade e unha obra que fala da riqueza da diversidade e do que esta enriquece.

Grazas á federación de ANPAS de Ponteareas e por convidarnos!
E grazas especialmente á nosa!

                                      Fotos da excursión