Desde a biblioteca do cole propoñemos unha chea de lecturas terroríficas para amenizar a festividade de Samain
Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
luns, 30 de outubro de 2023
Samaín
Canto sabedes do Samaín?
Conseguiredes pasar tódalas probas?
Non teñades medo!!!
Conseguiredes responder agora a tódalas preguntas?
Adiante!!
venres, 27 de outubro de 2023
Canción do TDAH
xoves, 26 de outubro de 2023
DigiCraft
Volve DigiCraft.
Un curso máis, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participa no DigiCraft, programa educativo para o desenvolvemento das competencias dixitais. A súa primeira sesión, conxunta, resultou moi interesante. Traballaron co Chatbot (programa informático) para descubrir un personaxe segredo: Herry Lamarr, enxeñeira brillante qeu inventou a tecnoloxía precursora da wifi e gran actriz, considerada a muller máis bela do cine.
mércores, 18 de outubro de 2023
sábado, 14 de outubro de 2023
Danza na biblio.
STUDIO 57, máis que unha escola de baile.
Este venres tivemos unha actividade marabillosa no cole. Desde os máis pequenos e pequenas de 4º de Educación Infantil ata 6º de Primaria puideron gozar de distintas sesións de baile. Dúas profesoras da Escola Studio 57, de Porriño, achegáronse ao centro para facernos vibrar a ritmo de Danza moderna, Baile Contemporáneo e Ballet. Moitas grazas por un estupendo día!
xoves, 5 de outubro de 2023
Inauguracións da biblioteca para os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria
O día 26 de setembro inaugurose a biblioteca para os nenos e nenas de Infantil. Ademais tres deles levaron as súas mochilas viaxeiras cargadas de contos, xogos e ilusión.
O día 28 realizáronse dúas inauguracións, unha para primeiro de primaria, onde os axudantes explicaronlles detidamente todo o que atoparian na biblioteca nos recreos e normas de funcionamento da biblioteca e outra inauguración para o resto de primaria.
Ademais, tamén se repartieron as mochilas viaxeiras para cada aula.
Formación dos axudantes da biblioteca durante setembro
Durante o mes de setembro, os nenos e nenas de 6º, acudiron durante algúns recreos á biblioteca para rematar a súa aprendizaxe e preparar as diferentes inauguracións da biblioteca. Traballaron duro e moi ben.
´Derradeiro traballo dos axudantes da biblioteca do curso 2022-23
Durante o mes de setembro os axudantes da biblioteca formaron aos futuros axudantes de Leo León. Foi moi bonitos ver como lles transmitian o seu cariño pola biblioteca.