sábado, 26 de marzo de 2022

Resumo da Semana da Ciencia 2022

 Pola Semana da Ciencia, fixéronse experimentos, que mantiveron ao alumnado á expectativa, observando e descubrindo o mundo que lles rodea e prestando atención a cousas que habitualmente pasan desapercibidas. Ademais de comparar e facerse preguntas, tipo que sucedería se...? chegou o momento de responder experimentando, comprobar as ideas e facer predicións. Observar, medir, contar, rexistrar, evidenciar, formaron parte dos seus pasos de detectives para poder explicar os seus experimentos. 

Os científicos compartiron os seus descubrimentos, no seguinte vídeo. Ademais o alumnado de 6º participou na Feria das Ciencias, en Ponteareas, no que explicaron experimentos sobre a sostenibilidade e o medio ambiente, como a reciclaxe, o forno solar, a depuración da auga.

Finalmente, todo o alumnado asistiu a unha exposición de Ciencia na Biblioteca Leo León, co material feito e desenvolvido nas diferentes aulas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario