xoves, 20 de setembro de 2018

E este ano... Radio Leo León!

Por si, este ano queremos encamiñar o proxecto de Radio Televisión Leo León á maxia da radio.

O pasado ano 2017-2018, case todos os docentes do colexio participamos nun proxecto de formación en centros de traballo arredor do emprego de dispositivos móbiles na aula.


E para amosar o muito que aprendemos, realizamos uns pequenos boletíns radiofónicos diarios realizados polo alumnado de 5º e 6º curso a modo de proba. Desde xaneiro a xuño.

Fixéronnos só coa axuda dunha tablet de forma autónoma. Preparaban os contidos, gravaban, editaban e subían á rede os programas.

Todas as familias puideron escuitar os boletíns desde os seus móbiles ou tabletas diariamente.

Finalmente, este ano queremos aumentar a calidade dos programas e a súa duración.
Aquí tedes os boletín do ano pasado. Preme na imaxe!






mércores, 5 de setembro de 2018

Radio Televisión Leo León

Premendo na imaxe, podes acceder a todos os vídeos realizados nos dous últimos cursos. dentro do proxecto Radio Televisión Leo León. Foron ducias de traballos!






A gravación e montaxe da maioría das producións correu a cargo do alumnado do colexio.