Non temos palabras para describirmos o que nós sentimos despois de escuitar a historia da nosa querida Auxiliar de Conversa, Aimee.
Vietnamita de nacemento, tivo que emigrar e ser unha refuxiada por mor da guerra do seu país.
Estivo durante anos pendente dun bunker que construíu seu pai na súa casa para protexerse das bombas e da barbarie.
Estudou, estudou e estudou e logrou o seu soño: enxeñeira, respectada por homes e mulleres, presidenta dunha fundación-ONG "Vietnam Fundation" que mellora as condicións de vida dos nenos e nenas do Vietnam.
Muller libre!
Todo iso e máis nos amosou hoxe nunha charla inesquecíbel.
Thank you for all, Aimee, you´re also the future!
luns, 9 de marzo de 2020
domingo, 8 de marzo de 2020
Club de lectura

Este xoves as nenas e nenos de 5º de Educación Primaria reuníronse na biblioteca para desenvolver unha das sesións programadas do Club de Lectura. Están lendo o libro “O que nunca che contaron”, de María Canosa. Compoñen o libro seis historias co denominador común da maxia e da ilusión. Xa nos contarán que lles pareceu!
Día da muller
A biblioteca do
CEIP Feliciano Barrera xa está preparada para ofrecer ós nenos e nenas
documentación relacionada co día da muller e con grandes heroínas ó longo da
historia. Durante toda a semana levaremos a cabo diferentes actividades. Estade
atent@s!
luns, 2 de marzo de 2020
O CEIP Feliciano Barerra reforesta San Cibrán
O pasado venres, 28 de febreiro, o alumnado do noso colexio participou na reforestación do monte de San Cibrán. Plantamos carballos e nogueiras. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas sobre a riqueza e a importancia dos montes e de mantelos en bo estado.
domingo, 1 de marzo de 2020
Taballo de investigación sobre o reino animal
Os nenos de 3º fixeron a clasificación do reino animal. Foi un traballo por equipos e
empregaron a biblioteca para a investigación (libros, ordenadores e tablets)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)