mércores, 31 de marzo de 2021

 IMOS DE VIAXE AO POLO NORTE

OS ALUMNOS/AS DE 5º e 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL FOMOS DE VIAXE AO POLO NORTE, MOTIVADOS POLA VISITA DE PAPA NOEL ÁS NOSAS CASAS.

PERO O QUE NECESITABAMOS PARA VIAXAR ERA UN PASAPORTE,  COMO ÍAMOS A VIAXAR ATA O POLO NORTE? POIS EN AVIÓN CON PASAPORTE EN MAN MONTAMOS NO NOSO AVIÓN CARA O NOSO DESTINO.



CHEGAMOS AO POLO NORTE MIRAMOS AO NOSO ARREDOR E ....  QUE ATOPAMOS?

                                                       NEVEEEEE!!!


QUE BEN O PASAMOS XOGANDO COA NEVE!

INVESTIGANDO SOBRE O POLO NORTE INDAGAMOS QUE AS CASAS ALÍ NON ERAN COMA AS NOSAS. CHAMÁBANSE IGLÚS E ESTABAN FEITAS POR BLOQUES DE XEO.

COMO NOS GUSTA MOITO CONSTRUÍR INTENTAMOS ELABORAR IGLÚS CON DIFERENTES MATERIAIS, BLOQUES DE CONSTRUCIÓNS, PLASTILINA E A NOSA PROPIA NEVE.


ENCANTOUNOS COÑECER O POLO NORTE!

luns, 29 de marzo de 2021

Os  nenos e nenas de 3º de Primaria explícanos un medio de comunicación moi antigo: a carta. Ensínanos a escribir unha carta e cada unha das súas partes, lugar e data, o saúdo, o corpo, a despedida, a firma e a posdata, onde se escribe o destinatario, o enderezo, o remitente e onde se coloca un selo. Deséxanos que escribamos moitas cartas!
Tamén puidemos desfrutar deste vídeo no programa "Os bolechas no cole" no canal de televisión TVG2 no pasado sábado.
No cole recibimos un paquete desde Suecia! Foi toda unha sorpresa! Nadia e Noa escribíronos unha carta e mandaron tamén debuxos e agasallos para os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º. Tamén moitas fotos do inverno en Suecia. Alegrounos moito estes detalles tan especiais que agradecemos inmenso.

 En 2º de Primaria preparamos un mercadiño para fomentar o espírito emprendedor, traballar cos euros e céntimos, en billetes e en moedas, sumar, restar e dar cambio con gran axilidade. Primeiro terán que gañar os tiquets acertando coas primeiras táboas de multiplicar, a continuación canxear o tíquet por euros, para así poder ir á tenda a mercar cada unha das partes do corpo coa que montarán o seu boneco. A temática, os monstruíños.

domingo, 28 de marzo de 2021

 O alumnado de 3º de Primaria rematou unha manualidade: a creación das súas maquetas de ecosistemas. Este tipo de actividade creativa e manual potencia moito a súa competencia artística e cultural. Parabéns!

 Esta semana celebramos o Día Mundial da Poesía, 21 de marzo, chamado a Primavera dos Poetas e o que queremos é promover o ensino da poesía nos medios de comunicación, para que non se considere unha forma anticuada da arte, senón unha vía de expresión e reestablecer o diálogo entre poesía e outra manifestación artística como é a pintura. No patio expoñemos as ilustracións duns poemas traballados nas aulas e na que o alumnado creou unha imaxe atractiva da poesía. Os poemas son "Luna, Lunerita" de Elvira Lindo, "Ring, Ring...! de Ana María fernández, "O reloxo da parede" de Fernando González Graña, "Viaxe" e "Arco da Vella" de Xoán Neira.




Na biblioteca recomendamos libros de diferentes editoriais para empaparse de poesía.

Para fomentar a tradición oral de recitais poéticos continuamos cun agasallo moi especial: un poema recitado por Martina (2º Primaria) da súa propia autoría. Bravo Martina!

luns, 22 de marzo de 2021

 O pasado luns, día 15, foi o Día Mundial dos dereitos do consumidor. No colexio sumámonos á necesidade dun consumo diferente, máis respectuoso e comprometido. Para reducir o volume de residuos no noso planeta, seguimos a regra das tres erres: Reducir-Reutilizar-Reciclar.

Para reutilizar plástico, na clase de música realizamos instrumentos de percusión con materiais de refugallo: A maraca de arroz e a serpe

  



domingo, 14 de marzo de 2021

 Esta semana traballamos a Prensa, tanto na versión dixital contribuíndo o desenvolvemento das TIC coma en papel. O obxectivo marca un novo reto, que o alumnado se converta en xornalistas para crear unha nova edición do noso xornal "Galegando". Nas clases, consultamos diferentes xornais para saber que contidos de noticias e artigos se publican nun xornal e cal é a estrutura de cada unha das seccións. Abordamos a importancia dos medios de comunicación e como inflúen na sociedade na que vivimos. Recollemos as noticias que van recompilando día a día, froito do seu traballo e creatividade e agardamos ofrecer o noso xornal completo nas vindeiras semanas.
 

mércores, 10 de marzo de 2021

 O alumnado de 3º de Primaria realizou un traballo de investigación das biografías de mulleres polo Día Internacional da Muller. A través dun mural podemos coñecer quen foi Anne Frank, Coco Chanel, Frida Kahlo, Marie Curie e moitas mulleres máis.

martes, 9 de marzo de 2021

 A semana pasada festexamos o Día da Natureza, con diferentes actividades como paseos ao sol, descubrindo  e clasificando os seres vivos, plantas e árbores, que ían atopando nos arredores do colexio. Ademais tamén plantamos flores e lentellas. Amar a natureza é a mellor forma de ensinar que sempre hai que respectala.

luns, 8 de marzo de 2021

 Esta semana celebramos o 8 de marzo para reivindicar a igualdade efectiva entre homes e mulleres e reclamar contra a violencia machista. Para concienciarnos, o alumnado participou na elaboración dun mural ao longo desta semana: A Árbore do respecto, nas que plasmamos as nosas mans para soñar, loitar e traballar por construír un mundo mellor.


Tamén representamos literalmente a árbore do respecto na que agardamos poder recoller a froita da igualdade.

Os máis pequenos elaboraron unha manualidade representativa do 8M:


Na biblioteca, Leo León lémbranos a moitas mulleres talentosas, pioneiras, fortes, decididas e rebeldes coma a astrónoma Vera Rubin, a aviadora Amelia Earhart, a médica e educadora Maria Montessori ou as activistas Rosa Parks e Malala Yousafzai. Feliz día da Muller!

mércores, 3 de marzo de 2021

 A Biblioteca medra en libros. Este mes de marzo temos máis novidades nos andeis para desfrutar da lectura.


 Continuando co proxecto "Palabras viaxeiras": En 3º de Primaria, durante esta semana, adentrámonos no mundo da publicidade e quixemos crear os nosos propios vídeos turísticos.

 O Proxecto de todo o Centro neste ano recibe o nome de "Palabras viaxeiras". Así o traballamos en 2º de Primaria: Nestes dous vídeos móstranos a presentación do proxecto (realizado no primeiro trimestre) e unha explicación dos medios de comunicación (traballado neste trimestre). As nosas verbas xa chegaron a  Suecia, dirixidas ás antigas compañeiras do cole, a través dunhas postais de Nadal. No centro comunicámonos con postais no Secret Santa, con mensaxes positivas no Día dos namorados, lingua de Signos no Día da Paz, simulando un programa de radio no 25N e outro de televisión cos medios de comunicación.

Presentación do proxecto.

     

Para rematar a celebración do Día de Rosalía, o alumnado de 5º e 6º de Primaria realizaron un mural con ilustracións dos versos da poesía "Adiós ríos, adiós fontes", integrado no libro "Cantares Gallegos" e publicado en 1863.