Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
venres, 16 de xaneiro de 2026
MALETA MARIÑEIRA
mércores, 12 de marzo de 2025
Canción de Momosan
Esta é a letra dunha canción que sae no libro "Momo", que rematamos de ler xa hai un tempo en 12 Estrelas Club de Lectura.
mércores, 18 de decembro de 2024
12 estrelas club de lectura. Momo
Cada semana lemos uns poucos capítulos e falamos sobre o libro, que nos está gustando moito a todos.
Esta semana xa o rematamos.
Estamos compoñendo unha canción que vos comentaremos proximamente.
luns, 19 de decembro de 2022
Taller de biblioteca creativa.
domingo, 11 de decembro de 2022
Novidades de decembro.
Este mes engadimos á nosa biblioteca libros de historia e mitoloxía, libros que transmiten maxia emoción e traballan a amizade, a empatía e a inclusión, libros de intriga e de superheroes.
venres, 14 de outubro de 2022
O Poder das Palabras.
Polo Día da Saúde Mental, o alumnado de Infantil e Primaria traballou o conto “O poder das palabras. Aprendendo a ser feliz” de Soledad Carmona e Paco Ortega. Comprendimos que algo tan sinxelo como as palabras poden ser á vez máxicas e afectar ao noso estado emocional. Aprendimos a utilizar esa maxia para saber enfrentarnos a diversas situacións, ser máis positivos, optimistas e felices.
Despois da lectura do conto, escribimos as palabras que nos
fan felices e compartímolas con Leo León como apoio para unha boa saúde mental.


