martes, 29 de marzo de 2022

Caixa das emocións.

 En 2º de Primaria estrean a súa Caixa das Emocións. Nela poderán deixar mensaxes sobre como se senten, mensaxes para compañeiros e compañeiras explicándolles como lles fan sentir, mensaxes para lembrar que os puxo alegres ou que os aflixiu... Cada luns abrirán a caixa para reflexionar sobre os seus sentimentos e sobre os dos demais e, así, coñecerse mellor a si mesm@s.

Aínda que os metamos nunha caixa a idea non é encerrar os nosos sentimentos, senón todo o contrario, liberalos para que non fagan dano a ninguén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario