Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de febreiro de 2026

ENTROIDO 2026: E TI DE QUEN VÉS SENDO?



Entre 105 nenos e nenas e 17 adultos que circulamos a cotío polo Feliciano Barrera, podemos dicir que vimos sendo dunha chea de xente! E que sigamos así!
Este ano o noso Entroido tivo uns protagonistas excepcionais: os avós e as avoas! Unha gran exposición de fotos e os disfraces de todo o alumnado demostrárono sen dúbida algunha. 
Como di a canción: "Avoas, todas, todas son divinas" (e avós tamén, non teñades celos)
Grazas a todas e a todos os que, pese a que chuvia non deu tregua, decidistes poñer boa cara e compartir un almorzo e un baile con nós!

 

luns, 9 de febreiro de 2026

MANDADIÑOS DE LEO LEÓN: MARTES


“O martes continuamos.
Atende e non te esquezas!
Tes que vir ao colexio
con algo posto na cabeza”
Leo León Poeta

venres, 6 de febreiro de 2026

MANDADIÑOS DE LEO LEÓN: LUNS


Como vén sendo tradición
os mandadiños de Entroido
son cousa de Leo León:

“O luns comeza o Entroido
Que ninguén ande despistado!
Temos que ir ao colexio
con algo no pescozo colgado”

mércores, 4 de febreiro de 2026

ENTROIDO... LOADING...


 

Este ano presentamos un Entroido moi especial. Sen esquecernos de que é tempo de festa, risas e parodia; queremos facer unha chiscadela a persoas adorables e adoradas na nosa familia educativa: os avós e as avoas.
Veñen a buscarnos, preparan os bocadillos, lévannos á piscina, traen a muda cando caemos nun charco, déixannos facer un pouquiño… e tantas cousas máis. Se queres agradecelas ven a celebrar o Entroido connosco o venres, 13 de febreiro, ás 11:15h.
Podes disfrazarte de avó ou de avoa se queres unirte á nosa homenaxe. Tamén podes poñer un pantalón curto, coller unha buxaina e volver á infancia no patio do colexio!
Agardámosvos!!!

mércores, 12 de marzo de 2025

Máscaras con só 2 elementos



Polo Entroido estivemos facendo un traballo algo distinto na nosa aula.

A profe deunos só xornais e grampas e pediunos que fixeramos unhas máscaras en corenta minutos. Sen empregar ningún outro material.

Recomendámosvos probar este reto tan divertido, pasámolo xenial.



sábado, 8 de marzo de 2025

ENTROIDO EN GULÁNS

 


Un Entroido máis na casa, desfilando pola contorna do colexio e compartindo o xantar coas familias, veciños e veciñas que quixeron acompañarnos.
Este curso o tema estaba claro desde o principio. Se o proxecto anual son as artes escénicas, de que outra cousa iamos disfrazarnos? Personaxes clásicos do circo; pallasos; titiriteiros e titiriteiras cos seus monicreques; magos e magas; mimos... Hoxe vivimos mil entroidos nun e non poderiamos facelo sen vós.
Grazas á ANPA por organizar o xantar e ás familias que achegaron doces, froitas e outros alimentos. 
Grazas a todos e todas os que vos achegastes a vernos e tamén aos que vos gustaría estar. 
Por último, unha mención e agradecemento especial para as familias que veñen disfrazadas. Aos nenos e nenas failles moitísima ilusión a vosa participación. 
Viva o Entroido!!!

xoves, 27 de febreiro de 2025

mércores, 26 de febreiro de 2025

martes, 25 de febreiro de 2025

luns, 24 de febreiro de 2025

venres, 21 de febreiro de 2025

Mandadiño para o luns

 

O LUNS, O TEU PESCOZO DEBES ADORNAR

SE O ENTROIDO QUERES COMEZAR.

Entroido

Comeza xa o Entroido no cole.

Como cada ano, encantaríanos compartir esta celebración con tódalas familias.

Disfrazádevos e vinde pasar o Entroido con nós.


sábado, 18 de febreiro de 2023

Reportaxe fotográfica do Mandadiño 2023


Un ano máis os nenos e nenas e os profes do cole  disfrutaron dos Mandadiños de Leo León ao longo da semana. Houbo moita variedade: pulseiras, bigotes, disfraces de avós e para rematar o pixama que tanto divirte aos enos e nenas.


martes, 14 de febreiro de 2023

Mandadiño para este mércores

 Hoxe o cole encheuse de bigotes de tódolos estilos. A Leo león ocorréuselle para mañá un novo mandadiño.

luns, 13 de febreiro de 2023

Mandadiño martes

 E así viñemos o cole, seguindo o mandadiño do falcatrueiro Leo León. Atención para o seguinte mandadiño!

venres, 10 de febreiro de 2023