luns, 21 de maio de 2012

Día das letras galegas en 1º

Os nenos de 1º festexamos o día das Letras Galegas facendo un mural sobre Valentín Paz Andrade....

mércores, 9 de maio de 2012

Valentín Paz Andrade

Aquí tedes cousiñas sobre o autor ao que se lle adican as letras galegas este ano: Valentín Paz Andrade

Espero que vos gusten e que lle saquedes proveito.

Pinchando AQUÍ atoparedes un documento que explica toda a vida de Valentín Paz Andrade.

Para aprender máis sobre Valentín Paz Andrade,  o mellor é facer estes divertidos xogos nos que poderás demostrar canto sabes sobre a vida e a obra do autor:

XOGO 1
XOGO 2
XOGO 3

Pinchando AQUÍ atoparás información sobre as letras galegas, sobre a vida e a obra de Valentín Paz Andrade e tamén algunhas actividades interesantes para infantil e para os distintos ciclos de primaria.

Nesta outra páxina, ademais da súa biografía e bibliografía, podes atopar vídeos, imaxes, entrevistas e moitas outras cousas sobre Valentín Paz Andrade. Para velo todo, pincha AQUÍ.

Pinchando AQUÍ entraredes na páxina das letras galegas da Xunta. Nela atoparedes toda a información sobre Valentín Paz Andrade e sobre tódolos autores homenaxeados en anos anteriores. Ademais, hai un montón de xogos e actividadespara pasalo ben ao mesmo tempo que aprendemos.

AQUÍ tedes o enlace a un vídeo sobre Valentín Paz Andrade que fixeron no CEIP Rosalía de Castro. Seguro que vos gusta.

Se queredes realizar unha webquest interesante entre varios nenos e nenas, esta que fixeron no CEIP Nosa Señora de Xuvencos é moi chula. Para facela tedes que entrar AQUÍ e acceder como convidados.

martes, 8 de maio de 2012

luns, 7 de maio de 2012

xoves, 3 de maio de 2012

Colaboración para un mural


Hoxe viñeron a visitarnos os alumnos de Asprodico e axudáronnos a facer uns murais da Primavera. Grazas a eles quedaron moi bonitos!