Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
xoves, 30 de novembro de 2023
A pantasma Antón
A dragoa Sixta
mércores, 29 de novembro de 2023
20 de novembro. Día mundial da infancia
Todas as nenas e nenos elaboraron nas súas aulas unhas caixas que fan mención a diferentes dereitos da infancia. Adornáronas e agora despois dun gran traballo en equipo, gozan con elas durante os recreos na biblioteca de Leo León.
sábado, 25 de novembro de 2023
Biblioteca Creativa - Creación circuíto paralelo - Día da Muller
Polo Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller, o alumnado de 6º de Primaria inventou varios circuítos en paralelo, para poder acender máis dunha luz cunha soa pila, e así, dar iluminación ás imaxes en papel sobre a canción "E ti, só ti ".
Conectamos o extremo "+" dos diferentes LEDs á cara "+" da pila e os extremos "-" dos LEDs á cara "-" da pila. Así se conectan LEDs en paralelo.
Precisaron cinta de cobre, pilas de botón, LEDs e clips de pinza. Todos os modelos foron creados polo alumnado!
venres, 24 de novembro de 2023
CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - I OBRADOIRO DE BIBLIOTECA CREATIVA
xoves, 23 de novembro de 2023
Novidades de novembro
Abordamos os dereitos con “Teño Dereitos”, lembrándonos que
son o ingrediente fundamental da liberdade das persoas e das sociedades.
Poemas de Antonio García Teijeiro en “Palabras do mar” sobre
os elementos mariños e os sentimentos que estes provocan, “De pombas e
bolboretas” repleto de referencias á beleza natural e ao valor da convivencia.
E otros autores con “Pompas de cores” e os poemas ó redor do mundo das froitas
en “Macedonia de versos”.
Non nos esquecemos das importantes emocións: “Luuume!”,
fermosa historia na que un pequeno misto, que sempre está enfadado, aprende a
xestionar a frustración e as divertidas historias de “Susana Pillabana”.
A ciencia en “Descubramos o océano” e continuamos subscritos
ás revistas Caracola e Reportero Doc.
O prato forte das novidades deste mes é a banda deseñada,
con numerosos títulos escollidos seguindo o interese do noso alumnado. Títulos
como o manga “One Piece”, as novela gráficas “El club de las canguro”, “Cuando
brillan las estrellas”, “Alergia”, “Fantasmas”, “Gravity Falls”.
Escolle a túa lectura favorita na biblioteca de Leo león!
martes, 21 de novembro de 2023
Contrución dunha estación meteorolóxica
xoves, 16 de novembro de 2023
Seguridade Viaria na biblioteca.
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo unha charla sobre a seguridade viaria. Un membro da garda civil explicoulles cales son as normas básicas de circulación e as consecuencias do seu incumprimento. Desde recomendacións para saír en bicicleta at aos perigos do teléfono móbil ao volante. A charla tamén foi sobre convivencia, cortesía e amabilidade; aplicable tanto á estrada como á vida.
mércores, 15 de novembro de 2023
CLUB DE LECTURA CURSO 23/24

En 3º de Educación Primaria, “Os Peroxos”, decidiron que o
primeiro libro ía ser “Peroxo. Un rapaz de aldea”, do autor Luis Chapela Bermúdez
no que percorre con relatos curtos as memorias dos veciños de Berducedo, nados
na segunda metade do século pasado. A
ver que nos contan!
sábado, 11 de novembro de 2023
PODCAST TERRORÍFICO: Guláns en ruinas
O alumnado de sexto, dentro do proxecto de radio, grabou o seu primeiro podcast polo día de Samaín.