martes, 15 de marzo de 2022

Cambiar o mundo

 Aos nenos e nenas de 3º de Primaria non lles gusta o mundo tal e como está. Por pouco que, as súas familias, lles deixen ver os informativos, viron algunhas imaxes da guerra e do sufrimento dunha chea de persoas. Reflexionando e reflexionando, conseguiron resumir en 8 palabras todo o que necesitamos na vida e todo o que debe desaparecer. Como nos gustaría vivir nun mundo deseñado por estes nenos e nenas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario