sábado, 30 de xaneiro de 2016

SEMANA GRANDE DO ENTROIDO

 A SEMANA GRANDE DO ENTROIDO

XOGO DO MANDADIÑO:


LUNS: COMEZA O ENTROIDO
             QUE BEN O ÍMOS PASAR!
              CO TEU PELO DECORADO,
              Á ESCOLA VIRÁS!
QUE PEEELOOOOSSS!!


venres, 22 de xaneiro de 2016

Canción da paz

Aquí vos deixo a canción deste ano para o día da paz.
Non ten vídeo, pero podedes escoitala e practicar o baile que fixemos en clase de música.
                                                                                                                                                     Déixovos tamén esta outra canción de paz que traballamos na clase de lingua castelá de 5º e que eles quixeron que compartira no blog de Leo León.

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Libro das emocións

Temos un novo libro na Biblioteca.

Os alumnos de 4º de Primaria na asignatura de Valores cívicos e sociais, crearon un libro das emocións a través da música.

Mentras escoitaban diferentes pezas musicais, usando as cores que mellor lle representaban esa música, dibuxaban libremente deixandose levar pola sintonía. Cando os debuxos estaban rematados, asociabamos as emocións que nos trasmitían.

martes, 19 de xaneiro de 2016

luns, 11 de xaneiro de 2016

AGASALLOS DE LEO LEÓN

Leo León está moi contento e agradecido por tódolos adornos de Nadal que lle trouxestes. A biblioteca estivo preciosa.
Ademais, encantáronlle as cartas que lle escribistes. El xa enviou as peticións que fixestes para a biblioteca. Só tedes que ter un pouco de paciencia, porque son moitas cousas e irán chegando pouquiño a pouco.
De momento, trouxo un pequeno agasallo de Nadal para cada aula.

QUE TEÑADES UN FELIZ ANO DE LECTURAS E AVENTURAS!!!