Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
mércores, 22 de febreiro de 2023
Adiós ríos, adiós fontes , Día de Rosalía
Este ano, os nenos e nenas de 4º de primaria quixeron conmemorar o día de Rosalía, recitando unha das súas obras mais coñecidas e recitadas en todo o mundo: "Adiós ríos, adiós fontes"
martes, 21 de febreiro de 2023
DÍA DA LINGUA MATERNA
O 21 de febreiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA e no cole quixemos aportar o noso gran de area.
Cada vez utilízase menos o galego, pero o certo é que temos unha morea de palabras na nosa lingua ben fermosas, e iso é o que fixemos, aportar entre todos, esas palabras en galego que tanto nos gustan para crear así unha nube de palabras.
Que vos parecen as palabras? Queredes aportar algunha nova?
luns, 20 de febreiro de 2023
Como chove miudiño.
Canción cantada polos axudantes da biblioteca para conmemorar o Día de Rosalía de Castro: "Como chove miudiño".
domingo, 19 de febreiro de 2023
sábado, 18 de febreiro de 2023
Reportaxe fotográfica do Mandadiño 2023
Un ano máis os nenos e nenas e os profes do cole disfrutaron dos Mandadiños de Leo León ao longo da semana. Houbo moita variedade: pulseiras, bigotes, disfraces de avós e para rematar o pixama que tanto divirte aos enos e nenas.
xoves, 16 de febreiro de 2023
mércores, 15 de febreiro de 2023
martes, 14 de febreiro de 2023
Mandadiño para este mércores
Hoxe o cole encheuse de bigotes de tódolos estilos. A Leo león ocorréuselle para mañá un novo mandadiño.
luns, 13 de febreiro de 2023
Mandadiño martes
E así viñemos o cole, seguindo o mandadiño do falcatrueiro Leo León. Atención para o seguinte mandadiño!
sábado, 11 de febreiro de 2023
MULLER E CIENCIA
Hoxe, sábado 11 de febreiro, é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Por iso onte, no colexio, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron unha visita moi especial. Mª Ángeles Pena Gallego, especialista en Química Cuántica, explicounos como, aínda que sempre houbo mulleres científicas, no pasado o seu traballo era ninguneado e mesmo roubado por unha contorna completamente masculinizada.
Hai moitas cousas que poden condicionar a vocación académica das persoas, non debemos permitir que a identidade de xénero sexa unha delas. Queremos homes e mulleres en todas as ramas do saber e do traballo!
venres, 10 de febreiro de 2023
martes, 7 de febreiro de 2023
ARTE E NATUREZA
Que precioso paseo deron os nenos e nenas de 1º de Primaria! Non sempre é necesario ir moi lonxe para observar cousas fermosas.
Un proxecto de arte? Un proxecto de ciencias naturais? Un pouco de todo. O obxectivo era crear obras artísticas coa natureza e sobre a natureza. Nas imaxes podedes ver distintas composicións con elementos naturais e distintas técnicas como o frottage sobre a cortiza das árbores.
Aínda non temos claro que resultou máis fermoso, se as súas obras ou o proceso que seguiron para crealas.
xoves, 2 de febreiro de 2023
DÍA DE PEREGRINACIÓN
Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria estiveron o martes en Santiago de Compostela. Como é moi posible que en breve gobernen a nosa comunidade decidiron ir visitar o que será o seu lugar de traballo. No Parlamento Galego unha guía explicoulles as súas principais funcións e estancias e Carmen puido probar como de cómodo resúltalle o asento do presidente. Preguntádelle se a vedes!
Na Xunta explicáronlles algo de suma importancia, cales son as actuais consellerías e como se reparten os cartos entre elas. Estamos ansiosos e ansiosas por que nos expliquen esa parte en concreto.
Como non todo na vida é política, @s nos@s futur@s líderes fixeron unha pausa para comer preto do campus universitario e fixeron o xa tradicional pousado na Praza do Obradoiro.